Vicente Blasco Ibáñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Vicente_Blasco_Ibáñez.jpg" por "Vicente_Blasco_Ibáñez_in_1919_(cropped).jpg" segundo o ordenou [[commons:User:CommonsDelink
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 5:
Cursou estudios de Dereito na [[Universidade de Valencia]] e licenciouse en [[1888]], aínda que practicamente non exerceu esta carreira. Dividiu a súa vida entre a política, a literatura e o amor ás mulleres, das que era un admirador profundo, tanto da beleza física como das súas características psicolóxicas. Definíase como un home de acción, antes que como un literato. Escribía cunha inusitada rapidez. Entusiasta de [[Miguel de Cervantes]] e da historia e a literatura castelás.
 
Quixo que a súa vida fose a súa mellor novela e conseguiuno. Militante do partido [[republicano]] desde a súa xuventude, fundou o diario ''[[El Pueblo (diario de Valencia)|El Pueblo]]'' en Valencia, foi deputado en [[Cortes Xerais|Cortes]] en diversas ocasións e bateuse en duelo varias veces. Nun destes desafíos estivo a punto de perder a vida pois a bala alcanzou a fibela do cinto, grazas á cal salvouse. Tivo amores tempestuosos, e cara [[1909]] viaxou a [[Arxentina]] onde, ademais de crear dúas cidades, [[Nova Valencia]] e Cervantes, impartiu conferencias sobre a historia e a literatura casteláns. Anos despois, cansado da súa vida de colonizador na que recolleu algúns fracasos que non lle son atribuíbles, marchou a [[París]], coincidindo coa chegada ao poder de [[Cánovas del Castillo]] e o inicio da [[Primeira Guerra Mundial]]. Recibiu o encargo persoal do Presidente [[Raymond Poincaré]] de escribir unha novela sobre a guerra. E foi ''Los cuatro jinetes del Apocalipsis'', que cativou ou público norteamericano e chegou a ser máis lida que a [[Biblia]] naquel país. Cultivou diversos xéneros dentro da narrativa. Así, obras como ''Arròs i tartana'', ''Canyes i fang'' ([[1902]]) o ''[[La barraca]]'' (1898), entre outras, pódense considerar novelas rexionais. Ao mesmo tempo, destacan os seus libros de carácter histórico, como ''[[Mare Nostrum (Blasco Ibáñez)|Mare Nostrum]]'', ''Los cuatro jinetes del Apocalípsis'' ([[1916]]), ''El Papa del Mar'', ''A los pies de Venus'' ou de carácter autobiográfico como ''La maja desnuda'', ''La voluntad de vivir'', ''La catedral'', fresco detallado dos manexos eclesiásticos da [[Catedral de Toledo]], e sobre todo ''[[Los argonautas]]'', onde mestura a súa propia biografía coa historia da colonización española de [[América]].
 
A pesar de ser incluído por algúns críticos entre os escritores da [[xeración do 98]], o certo é que os seus contemporáneos non o admitiron entre eles. Foi un home afortunado en todas as ordes da vida e ademais enriqueceuse coa literatura, cousa que os seus compañeiros non conseguiron. Ademais, a súa personalidade irresistible, impetuosa, vital, fíxolle ser antipático para algúns. A pesar diso o mesmo [[Azorín]], un dos seus detractores, escribiu páxinas extraordinarias nas que manifesta a súa admiración polo escritor valenciano: polas súas máxicas descricións da [[horta de Valencia]] e do seu esplendoroso mar, semellantes en luminosidade e vigor ao trazos dos pinceis do seu gran amigo, o [[pintor]] valenciano [[Joaquín Sorolla]].