Vanuatu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Actualizo dirixentes
Xanetas (conversa | contribucións)
Ligazóns
Liña 48:
 
== Historia ==
Moitas das illas de Vanuatu foron habitadas hai miles de anos, as máis antigas probas indican que foi no ano [[-2000|2000 a.C]]. En [[1606]], o explorador [[España|hispano]]-[[Portugal|portugués]] [[Pedro Fernández de Quirós]] converteuse no primeiro europeo en chegar ás illas, quen crendo que chegara á ''[[Terra Australis Incognita|Terra Australis]]'' bautizou o arquipélago co nome de ''Terra Australia do Espírito Santo''. Os europeos comezarían a asentarse nas illas a finais do [[século XVIII]], primeiro coas exploracións do Conde de Bougainville que redescubriu a illa co nome de ''Grandes Cícladas'' en [[1768]] e despois que o explorador [[Reino Unido|británico]] [[James Cook]] visitou as illas na súa segunda viaxe en [[1774]] chamándoas como ''Novas Hébridas''.
 
En [[1887]], as Novas Hébridas comezan a ser administradas por unha comisión naval [[Francia|franco]]-[[Reino Unido|británica]]. En [[1906]], establécese un [[Condominio Franco-Británico]].
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] utilizou as illas [[Efaté]] e [[Illa Espírito Santo|Espírito Santo]] como bases militares, o cal inxectou divisas ao país e sobre todo novas formas de pensar, feito que abriu a Vanuatu o camiño á súa independencia. En [[1957]] estableceuse un Consello Asesor. Na década de [[1960]], os aborixes nin-Vanuatu reclamaban o autogoberno e a posterior independencia; en [[1974]] os nacionalistas gañaron a elección do Parlamento que abolía ao Consello Asesor e en [[1978]] creouse un gabinete encargado por un [[Ministro Xefe]].
 
En [[1979]] promulgouse a Constitución que estableceu parlamentos rexionais nas illas de Espírito Santo e [[Tanna]]. Ao ano seguinte, [[Jimmy Stevens]], líder da agrupación ''Na-Griamel'', organizou unha revolta en Espírito Santo e proclamou o Estado Independente de Vemarana. Logo Vanuatu obtivo a independencia plena o [[30 de xullo]] de [[1980]] con [[Walter Lini]] como [[Primeiro Ministro]]; a pedido deste, tropas de [[Papúa Nova Guinea]], [[Australia]] e [[Nova Zelandia]] restauran a orde en Espírito Santo. En [[1981]] ingresa na [[ONU]] e en [[1983]] ao [[Movemento de Países Non Aliñados]].
 
En febreiro de [[1984]], o [[presidente]] [[George Sokomanu]] renunciou logo de declararse culpable de atrasar o pago dos impostos, pero resultou reelixido ao mes seguinte. En [[1985]] a Unión de Partidos Moderados acusou ao goberno de restrinxir os dereitos humanos e os dereitos de organización. En febreiro de [[1987]] un ciclón destruíu [[Port Vila]], a capital, e causou aproximadamente 50 mortos. En decembro de [[1988]], no medio dunha crise política provocada por rivalidades entre o primeiro ministro Lini e [[Barak Sope]], secretario xeral do Vanuakku Pati, o presidente Sokomanu disolveu o Parlamento e nomeou a Sope como primeiro ministro interino, pero ambos foron arrestados polas forzas leais a Lini; ao ano seguinte foi elixido como presidente [[Fred Timakata]].
Liña 61:
 
== Goberno e política ==
O [[Parlamento]] de Vanuatu é unicameral e ten 52 membros que son elixidos cada catro anos por voto popular. O líder do principal partido no parlamento é usualmente elixido [[Primeiro Ministro]], e encabeza o goberno. Desde 2020 ocupa o cargo [[Bob Loughman]].<ref>{{Cita novas|data=20 de abril de 2020|título=Vanuatu elects new prime minister as country reels from devastating cyclone|url=https://www.theguardian.com/world/2020/apr/20/vanuatu-elects-new-prime-minister-as-country-reels-from-devastating-cyclone|data-acceso=21 de abril de 2020|lingua=en}}</ref> O [[xefe de Estado]], o [[Presidente]], é elixido cada cinco anos polo parlamento e os presidentes dos seis gobernos provinciais. Forman unha coalición, con todo, houbo problemas algunhas veces, especialmente coa competición entre [[Reino Unido]] e [[Francia]] en tratar de simpatizar aos seus líderes cos seus intereses.
 
== Organización político-administrativa ==