9.621
edicións
m (→Bibliografía: Arranxos varios) |
|||
Nado en Mondoñedo, onde foi Cronista Oficial e Fillo Predilecto, foi membro da denominada [[Xeración do 36]] e incorporouse ao [[neotrobadorismo]] da man de [[Álvaro Cunqueiro]].
Comezou publicando poemas nos xornais locais, sobre todo en ''[[La Voz de Mondoñedo]]'' e ''[[Vallibria]]'', e noutros diarios galegos e asturianos
En [[1939]] trasladouse a [[Pamplona]], onde foi redactor xefe de ''[[El Pensamiento Navarro]]'', creou a colección de Poesía ''Albor'' (na que se deron a coñecer [[Blas de Otero]] ou Luis López Anglada e na que tamén colaboraron [[Xosé Filgueira Valverde]] e [[Dionisio Gamallo Fierros]]) e dirixiu a revista ''Pregón''.
En [[1949]] trasladouse a [[Vigo]], onde traballou como xefe de redacción de ''[[Faro de Vigo]]''. En 1963 pasou a dirixir en [[Oviedo]] o xornal ''[[La Voz de Asturias]]'', posto que desempeñou durante 20 anos, ata a súa xubilación.
É o pai do tamén xornalista [[Juan Ramón Díaz]], director de ''[[El Ideal Gallego]]''.▼
Membro correspondente da [[Real Academia Galega]] dende [[1967]], recibiu numerosos galardóns, como o dos ''Xogos Florais'' de Santiago ([[1945]]), ''Certame Literario das Festas de Lugo'' ([[1948]]), Premio do ''Concurso Literario Anual'' do [[Centro Galego de Bos Aires]] (1949 e [[1957]]), ''Festa Galega das Letras de Barcelona'' ([[1950]]), ''Xogos Florais de Vigo'' (1950), Premio da ''Casa de Galicia'' en Buenos Aires ([[1953]]), ''Concurso de Vilancicos'' do Centro Galego de Madrid ([[1959]]) ou Premio ''Tomás Morales'' da Casa de Colón en Las Palmas ([[1961]]), entre outros. En [[1996]] a [[Xunta de Galicia]] concedeulle a [[medalla Castelao]].
▲É o pai do tamén xornalista [[Juan Ramón Díaz]], destacado xornalista galego que foi director de [[La Voz de Galicia]] ([[1977]]-[[1997]]), vicepresidente do Grupo La Capital e director de ''[[El Ideal Gallego]]''.
Segundo [[Armando Requeixo]]ː "Poeta por veces neopopularista, outras neovirxilianista, saudosista, neorromántico e mesmo modernista, tamén, neotrobadorista e ata puntualmente creacionista, a escrita elexíaca, paisaxista, festiva, celebrativa, natalicia e mesmo social e antropolóxica de Díaz Jácome evidencia a pluralidade dos rexistros que dominou e a súa admirable capacidade para nutrirse das estéticas coas que conviviu".<ref>{{Cita web|título=Muiñeiro fidel|url=https://armandorequeixo.wordpress.com/2020/04/19/muineiro-fidel/|páxina-web=Criticalia|data=2020-04-19|data-acceso=2020-04-19|lingua=gl-ES|apelidos=Armandorequeixo}}</ref>
== Premio Díaz Jácome ==
O Concello de Mondoñedo e a [[Fundación Caixa Galicia]] convocan anualmente desde [[2000]] o [[premio de poesía Díaz Jácome]] para novos creadores co obxectivo de estimular a creación poética entre a xente nova. Os traballos distinguidos neste certame foron recollidos no volume ''Versos fideis. Premios de Poesía Díaz Jácome para Novos Creadores 2000-[[2018]]'' ([[2019]]), obra publicada polo Concello de Mondoñedo e editada por Belén Bouzas Gorgal e Armando Requeixo.
== Notas ==
|
edicións