Diferenzas entre revisións de «Universidade de Vigo»

m
Arranxos varios
m
m (Arranxos varios)
A [[s:Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia|Lei 11/1989 de 20 de xullo de ordenación do sistema universitario de Galicia]] reordenou o panorama universitario da comunidade autónoma.<ref name="historia" /> A Universidade de Vigo foi constituída como tal en [[1990]] tras a súa segregación da [[Universidade de Santiago de Compostela]].<ref name="historia" /> O primeiro reitor ([[1990]]-[[1994]]) foi o enxeñeiro químico [[Luís Espada Recarey]] que sería substituído no cargo polo profesor [[José Antonio Rodríguez Vázquez]] (1994-1998). Entre os anos [[1998]] e [[2006]] o posto estivo en mans do catedrático redondelán [[Domingo Docampo Amoedo]], entre 2006 e 2010 [[Alberto Gago Rodríguez]], e entre [[2010]] e [[2018]] [[Salustiano Mato]].
 
A Universidade acadou o maior número de matrículas no curso 1999-2000 (29&nbsp;000 alumnos/as), desde entón houbo un continuo descenso do alumnado. En 2006 contaba con 21&nbsp;263 matriculados/as (12&nbsp;820 no Campus de Vigo, 4&nbsp;991 no de Ourense e 3&nbsp;452 no de Pontevedra). No curso 2016-17 o número total de estudantes ascendía a 21 235.<ref name="informe2016" />
 
== Campus ==
Desde a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo foi pouco a pouco incrementando tanto o número de titulacións como a cantidade de profesorado e alumnado.
 
A universidade ten nos seus tres campos 22 centros universitarios propios, 7 centros adscritos e 5 centros tecnolóxicos, e que cobren 140 áreas do coñecemento. Neles predomina as titulacións en ciencias sociais e xurídicas e as enxeñarías<ref name="informe2016" /> En 2017 a universidade formaba a 21 235 estudantes: 17237 cursando graos, 2048 mestrados e 1365 doutoramentos.<ref name="informe2016" /> Así mesmo, tiña a 1376 persoas adicadas a investigación e docencia, 434 investigadores en formación ou técnicos e 484 persoas vencelladas a proxectos. O persoal de administración e de servizos foron 702 persoas.<ref name="informe2016" /> Ademais, pasou dun investimento en investigación de 0,51 millóns de euros no ano 1991 a 5,23 millóns no 2001. O orzamento total da institución para 2016 ascende a 160.586.524 €<ref>{{Cita web| url = https://duvi.uvigo.gal/contenido/artigos/institucional/2015/12/artigo_0023.html | título = O Consello de Goberno aproba un orzamento de 160,6 millóns de euros para 2016 | autores = Universidade de Vigo | data = 21/12/2015}}</ref>. A meirande parte do gasto corresponde a gasto de persoal e gastos correntes e distribuído na súa maioría nos grupos de investigación tecnolóxica e xurídica e social.<ref name="informe2016" />
 
== Galería de imaxes ==
393.002

edicións