Diferenzas entre revisións de «Mexicas»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
 
== A civilización Mexica ==
Non temos moita información do itinerario que seguiron ata chegaren ás inmediacións da actual San Xoán do Río é a súa chegada ó ''[[Val de México]]''. Segundo o Códice Boturini ou “[[:w:es:Tira_de_la_Peregrinaci%C3%B3nTira de la Peregrinación|Tira da Peregrinación]]”, cando os Aztecas estaban en Coatepec (''Outeiro da serpe'' en [[Lingua náhuatl|náhuatl]], estaban divididos entre os seguidores de ''Huitzilopochtli'' e outros que seguían a súa irmá ''Coyolxuahqui'', estes últimos querían quedarse alí en vez de seguir en busca da terra prometida por ''Huitzilopochtli''. O punto de partida foi batalla a que gañaron os partidarios de ''Huitzilopochtli'' que continuaron polo sur, separáronse dos outros Aztecas en ''Coatepec''. Por iso cando o deus tutelar ''Huitzilopochtli'' dilles que se separen e empecen a súa peregrinación cara un novo asentamento, deixarían de denominarse ''Aztecas'' (tribo procedente de [[Aztlán]], de alí o seu nome). A partir de entón empezarán a chamarse '''Mexicas''', cousa que fixeron despois de achar os símbolos sagrados segundo a [[Lenda da fundación do Imperio Azteca]]: o deus ''Huitzilopochtli'' ordenáralles que buscasen unha aguia devorando unha serpe, parada sobre un nopal. No lugar onde apareceron eses símbolos fundarían a nova cidade [[Tenochtitlán|''México-Tenochtitlan'']](Tenochtitlan en nahuatl significa "O lugar do catus que pica).
 
Segundo o Dr. Alejandro Villalobos experto da Cidade de México,di que ''Huitzilopochtli'' deu o seu nome ós Aztecas xa que tamén era coñecido como Mexi, polo que Mexica tamén significa "Fillo de Mexi ou Huitzilopochtli". Conforme as ''crónicas de Mexicayotl'', Mexi é un dos nomes dados a ''Huitzilopochtli''.
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* R. BOLAÑOS MARTÍNEZ </small>. ''Historia, nuestro pasado: la sociedad y civilización de nuestro tiempo, Volumen 2''. p. &nbsp;319-320. Editorial Kapelusz Mexicana, 1979.
=== Ligazóns externas ===
* Sala da civilización Mexica do Museo Nacional de Antropoloxía de México [http://www.mna.inah.gob.mx/index.php/salas-de-exhibicion/permanentes/arqueologia/mexica.html] {{es}}.
393.002

edicións