Ikurriña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: +control autoridades using AWB
mSen resumo de edición
Liña 10:
{{Lenda|#d62726|[[Vermello]]}}{{Lenda|#007b3a|[[Verde]]}}{{Lenda|#ffffff|[[Branco (cor)|Branco]]}}
}}
A '''ikurriña'''<ref>{{Diciopedia|Ikurriña|2|1089}}</ref> (ou ''ikurrina'', que en [[éuscaro]], pronúnciase igual cá anterior) é unha bandeira creada en [[1894]] polos irmáns [[Luis Arana Goiri|Luis]] e [[Sabino Arana Goiri]] (o fundador do [[Partido Nacionalista Vasco]]), como símbolo de [[Euskadi]], que inicialmente identificaba só ó territorio de [[Biscaia]].
 
[[Ficheiro:Flag of the Basque Country by Sabino Arana.svg|miniatura|dereita|250px|Ikurriña coas proporcións do deseño orixinal dos irmáns Arana]]
Liña 19:
A verba ''ikurriña'' é tamén creación de Arana, un neoloxismo procedente de ''ikur'' (''simbolo'' en éuscaro) que pretendía traducir ó [[éuscaro]] o vocábulo [[lingua castelá|castelán]] ''bandera'' (compárese coa voz catalá ''[[senyera]]''). Na práctica úsase só, tanto en castelán como en éuscaro, para referirse a este estandarte en concreto. Actualmente as grafías máis habituais son ''ikurriña'' en castelán e ''ikurrin(a)'' en vasco.
 
Arana deseñou esbozos de bandeiras para outros territorios vascos, pero non se chegaron a difundir. A ikurriña, inicialmente símbolo de Biscaia, converteuse nuns anos en símbolo do [[País Vasco]], arreconchegando símbolos máis antigos como o ''[[lauburu]]'' ou o ''[[arrano beltza]]'' (aguia negra) do [[Reino de Navarra]]. Adoptouse como estandarte oficial do País Vasco en [[1934]], pero foi ilegalizada polo goberno militar sublevado en 1936. Durante o goberno de Francisco Franco a súa exhibición foi duramente perseguida en España, o que a converteu nun símbolo anti-franquistaantifranquista. En parte por iso, foise popularizando no [[País Vasco francés]]. Durante os inicios da transición española trala morte de Franco, a súa exhibición seguiu sendo castigada en ocasións, pero relaxouse a presión. Así, por exemplo, o 5 de decembro de 1976, ó inicio dun partido de fútbol entre a [[Real Sociedad de San Sebastián]] e o [[Athletic Club de Bilbao]], os capitáns de ambos equipos saíron ó campo portando unha ikurriña, sen ser detidos. O 19 de xaneiro de 1977 volveu a permitirse o seu uso en España, e en 1979 o estatuto do País Vasco recoñeceuna como a bandeira oficial.
 
Utilízana tamén os nacionalistas vascos en [[Navarra]]. No [[País Vasco francés]], aínda que non é oficial, é un símbolo aceptado pola práctica totalidade dos habitantes como símbolo cultural.
 
Na Comunidade Foral Navarra, principalmente na zona vascófona, varios concellos exhibían a ikurriña nas súas fachadas: o de [[Leiza]], por exemplo, facíao desde a legalización da bandeira en 1977. Esta situación cambiou despois de que en 2003 o Parlamento Navarro aprobara a [http://www.cfnavarra.es/bon/034/03411002.htm Lei Foral de Símbolos de Navarra]. Esta lei obriga a tódalas entidades da Administración Local de Navarra a exhibir a [[bandeira de Navarra]] no exterior de tódalas súas sedes e edificios de servizos públicos, así como en despachos e salóns de plenos corporativos e prohibe que ondeen máis bandeiras que a oficial de cada entidade local, a bandeira oficial de Navarra, a [[Bandeira de España|abandeira de España]], e a [[Bandeira da Unión Europea|de Europa]], salvo por protocolo en actos de irmanamentoirmandamento ou en visitas oficiais de autoridades doutro país, comunidade autónoma ou entidade local. Baseándose nesta lei, as autoridades forais denunciaron e pediron a inhabilitación de alcaldes que permitían a colocación de ikurriñas nos edificios municipais.
 
Por isto algúns concellos navarros recorren a invitar a conselleiros da comunidade autónoma do País Vasco ás súas festas locais, podendo colgar así legalmente a ikurriña nas fachadas das casas consistoriais. Outros concellos navarros colocan o estandarte nun lugar público destacado alleo ó consistorio, como se fai en varios municipios da comunidade autónoma vasca, onde si é legal que a ikurriña ondee na fachada, pero só cando se coloca a bandeira española en lugar preferente. Moitos outros concellos navarros limítanse a facer ondear as bandeiras oficiais.
==Notas==
 
{{listaref}}
 
{{Control de autoridades}}