César Ríos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Categorización
retiro ligazón externa movida a control de autoridades
Liña 6:
 
Participou no intento de fuga desde a praia de El Puntal (Asturias) en xaneiro de 1939, abortado pola garda civil. En maio de 1940 formou parte da expedición de dezaseis compañeiros que partiron de Asturias con dirección a Portugal, que logo de enfrontarse coa policía portuguesa tiveron que repregarse a Galicia. En abril de 1942 participou na constitución da [[Federación de Guerrillas de León-Galicia]] nos montes de Ferradillo (Ponferrada); formou parte do Estado Maior e mandou a I Agrupación Guerrilleira ate 1946. Colaborou en ''[[El Guerrillero]]'' co pseudónimo "Sembrador". En outubro de 1948 embarcou con 29 guerrilleiros socialistas (entre eles a súa compañeira [[Antonia Rodríguez López]]) no porto de Luanco no barco fretado por Indalecio Prieto desde Saint Jean de Luz. En Francia residiu en [[Narbona]] e Bedarieux (Herault) onde traballou como mineiro. En 1951 trasladouse a París, incorporándose ás Seccións da UGT e PSOE e traballando como axudante sanitario nunha clínica. Coa fin da ditadura franquista visitou España e en 1985 participou na gravación dun programa da serie ''Vivir cada día'' de TVE titulado “Tres octubres”, onde relatou a súa experiencia guerrilleira.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico/biografias/7700_rios-rodriguez-cesar Ficha na Fundación Pablo Iglesias]
 
{{Control de autoridades}}