Manuel Gómez del Valle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m recoñecementos
Xas (conversa | contribucións)
m datiño e referencia
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fillo de emigrantes galegos en [[Cuba]], estableceuse en [[Ourense]] en [[1918]] onde estudou o bacharelato. Foi profesor en [[Amoeiro]] e [[Vilamarín]]. Foi detido con [[Eduardo Villot Canal]], acusados de rebelión; xulgados na Audiencia de Ourense, foron absoltos en marzo de 1933.<ref>''El Pueblo Gallego'', 1-4-1933, p. 10.</ref> Cando se produciu a [[sublevación do 18 de xullo de 1936]], xunto ao [[PSOE|socialista]] [[Fernando Cordón García]], funcionario de aduanas en [[Verín]], trasladáronse á [[A Gudiña|Gudiña]] para unirse a quen estivera disposto a facer fronte á sublevación militar. Foron detidos en [[Xinzo de Limia]] pola [[Garda Civil]] o [[21 de xullo]] e trasladados a Ourense.
 
Foi sometido a un [[consello de guerra]] sumarísimo que o condenou á pena de morte, sendo executado o 11 de agosto no Campamento de San Francisco de Ourense, a pesar das peticións de indulto do daquela sacerdote [[Fernando Quiroga Palacios]], máis tarde [[cardeal (relixión)|cardeal]], que asistiu ao fusilamento. A súa nai, [[María del Valle Lozano]], foi detida por ter pedido a conmutación da pena capital, internada no cárcere de Celanova e asasinada en [[Xinzo de Limia]]. O seu irmán, [[Ricardo Gómez del Valle]], foi obrigado a participar na guerra como soldado do bando franquista, sendo asasinado cara o final da mesma, trala toma de [[Valencia]], por un falanxista.
Liña 11:
== Recoñecementos ==
* [[Antón Tovar]] dedicou o conto “A grande ilusión" a Manuel Gómez del Valle e á súa nai María.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= As revistas literarias en Galicia na Segunda República|nome= Modesto|apelidos= Hermida García|ligazónautor= Modesto Hermida|coautores= |ano= 1987|editor= Do Castro|localización= Sada|isbn= 8474923301|páxina= 107}}
Liña 21 ⟶ 23:
=== Ligazóns externas ===
* {{Nomes Voces|9973}}
 
* [http://vialethes.es/martires-xinzo-limia-1937 Buscarán a las mártires de Xinzo de Limia, asesinadas en 1937: María del Valle Lozano y Salud Torres Díaz]