O Castro de Ouro, Alfoz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
|nome = O Castro de Ouro
|imaxe = CasteloCastrodouro.JPG
|lenda = [[Castelo do Castro de CastrodouroOuro]]
|mapa = Parroquia do Castro de Ouro do concello de Alfoz.png
|concello = Alfoz
Liña 11:
|entidades = 6
}}
'''San Salvador do Castro de Ouro''' é unha parroquia do concello de [[Alfoz]]. EnSegundo 2004o [[IGE]] en 2014 tiña 8160 habitantes (27 homes e 33 mulleres), 21 menos ca en 2004. Ten unha superficie de 2,6 km², cunha densidade media de 31,2 hab./km² en 2004. SegundoLimita ocoas parroquias de [[IGEAdelán, Alfoz|Adelán]], no 2014 a súa poboación descendera ata os 60 habitantes[[Bacoi, sendo 27 homesAlfoz|Bacoi]] e 33[[Mor, mulleresAlfoz|Mor]].
 
Ten unha superficie de 2,6 km². Limita coas parroquias de [[Adelán, Alfoz|Adelán]], [[Bacoi, Alfoz|Bacoi]] e [[Mor, Alfoz|Mor]].
 
== Patrimonio ==
[[Ficheiro:IgrexaSanSalvadordeCastrodouro.JPG|miniatura|esquerda|Igrexa de San Salvador do Castro de Ouro.]]
 
A igrexa parroquial de San Salvador do Castro de Ouro, é un templo orixinal datado do [[século XV]]; foi a capela do restaurado [[castelo dedo CastrodouroCastro do Ouro]]. A igrexa foi reedificada con posteridade, ten unha soa nave con arco triunfal de medio punto, capela maior cunha xanela de finais do século XV, a sancristía acaroada nun lateral e un sinxelo pórtico. Nun muro lateral encóntrase unha lápida gótica con inscrición e as figuras de Cristo, a Virxe, San Xoán e dous anxos. Ten unha pintura mural da Piedade de finais do [[século XIV]], e un cáliz de prata do ano [[1573]]. A fachada principal ten porta con arco alintelado e unha espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.
 
O [[castelo do CastrodouroCastro de Ouro]] foi levantado sobre un antigo castro celta e domina o val que rega o [[río Ouro]]. Hai quen di{{Quen}} que neste simbólico monumento foi preso o Mariscal despois de tres anos de loita contra os enviados dos [[Reis Católicos]]. Antigamente foi propiedade da [[diocese de Mondoñedo]], que o perdeu por causa do mariscal e posteriormente o volveu recuperar. A torre foi restaurada a mediados do século XVI para convertela en Cámara do Bispo e abandonada anos máis tarde. O concello restaurouna a principios do [[século XX]] para facer dela a Casa Consistorial, o xulgado e unha escola para nenos. Co tempo foi quedando para a casa do Concello, mais no 1990, co traslado deste ao lugar da Seara, quedou convertida no [[Museo do Mariscal]]. Da antiga fortaleza de estilo gótico consérvanse a Torre da Homenaxe, a capela e restos das murallas, con partes visibles de foxos e contrafoxos. A Torre é de construción cúbica de tres plantas construída en perpiaño de granito e coroada por ameas. A planta baixa ten como acceso unha porta arqueada flanqueada por 2 xanelas xeminadas. Nos pisos superiores hai unha fila de tres xanelas xeminadas en cada un. Nos laterais repítese o modelo de ventá, tanto na planta baixa como no primeiro piso. No segundo piso a xanela é alintelada. Está declarardo [[Ben de Interese Cultural]].
 
A leira Galea, tamén coñecida como o museo da Auga, encóntrase situada nun pazo do século XVIII e reconvertido nunha casa de turismo rural. Toda a leira foi pensada e deseñada coma lugar de repouso, con xardíns que rodean o pazo e un [[muíño]] reconstruído, o batán e unha sinxela capela a carón do pazo. O pazo está acondicionado con todas as comodidades para a hospedaxe. Dispón dunha [[lareira]] tradicional cos utensilios propios. Unha pontella de madeira cruza as augas do río Ouro e dá acceso ao vello [[muíño]] e o batán que, nun tempo atrás, se utilizaba para clarexar e suavizar as pezas de liño. O río cruza esta fermosa paisaxe de abundante vexetación con plantas e flores de orixe exótica. Pódese percorrer o ''Paseo dos Caladiños'', o ''Camiño Feiticeiro'' e chegar até o merendeiro de [[Filipe II de España|Filipe II]].