Pardo de Cela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Pero_pardo_de_cela.jpg" por "Pedro_Pardo_de_Cela.jpg" segundo o ordenou CommonsDelinker. Motivo: [[:c:COM:FR|File
Sen resumo de edición
Liña 34:
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:CasteloCastrodouro.JPG|miniatura|250px|Torre do [[castelo de CastrodouroCastro de Ouro]], e ruínas das murallas ao fondo.]]
Segundo fillo de [[Xoán Nunes Pardo de Cela]], ''o Vello'', comendeiro do bispado de Mondoñedo, e de Teresa (ou Violante) Rodríguez de Aguiar, ao falecer o seu irmán herdou as propiedades e privilexios da familia. A súa posición mellora ao casar coa filla do Conde de Lemos, [[Sabela Pérez Osorio]], que viñera co seu tío, [[Pedro Enrique de Castro]], bispo de Mondoñedo (1426-1445) á cidade episcopal, onde Pardo de Cela era [[meiriño]], en representación da [[Condado de Lemos|Casa de Lemos]]. O bispo deulle en dote de voda todas as rendas do bispado, agás as que necesitaba para o seu sustento. Falecido o bispo en [[1445]], Pedro Pardo trasládase a [[Viveiro]], onde chega a ser [[alcalde]] (a mención máis antiga que se ten del é unha sentenza de 1464 en que se titula alcalde de Viveiro e comendeiro do bispado) e en [[1474]] xa ten o título de Mariscal. Merca a "[[casa do Carballo de Galdo]]", cabeza do seu [[morgado]]. Adquiriu moitos beneficios por herdanza, matrimonio e concesión real.
 
Liña 66:
{{Cita|los buenos e leales serviçios que Pedro Pardo de Cela, mi vasallo, a fecho e face cada dia<ref>Historia de Galicia, Via Láctea Volume III páx. 317</ref>}}
 
Así a todo, a súa persecución continúa. En 1483 cae a fortaleza da Frouseira e o 7 decembro é detido na casa de Fonsa Yáñez enno [[O Castro de Ouro, Alfoz|CastrodouroCastro de Ouro]] (no actual concello de [[Alfoz]], [[Lugo]]) e lévano preso a Mondoñedo, onde dez días despois lle cortan a cabeza "por cruel e poderoso", segundo palabras do Poder Real.
[[Ficheiro:Catholic monarch territories-1500.jpg|miniatura|300px|Mapa dos reinos e territorios gobernados polos Reis Católicos arredor do ano 1500. A dúas cores os reinos que foron sometidos ou anexados no seu mandato; [[reino de Galicia|Galicia]], [[reino de Navarra|Navarra]] e [[reino de Granada|Granada]].]]
Liña 93:
Nese texto, exprésase a propósito do seu soterramento:
 
{{cita| [...] o sepultaron junto a o Pulpito do Evangeo, é porta da Capela mor da Catredal, con grande autoridad. Degolaron juntamente co él á Pero de Miranda Saavedraa é Castro seo fillo, é da súa muller Dona Isabela de Castro''.}}
 
[[Ficheiro:MondonhedoCatedral.jpeg|miniatura|250px|Pero Pardo foi degolado publicamente na praza de [[Mondoñedo]] fronte á [[catedral de Mondoñedo|catedral]].]]
Parece que foi exactamente así como di a "Relazón" pois, ao facer unhas obras na [[Catedral de Mondoñedo|catedral mindoniense]] o día [[16 de marzo]] de [[1965]], quedou ao descuberto unha sepultura co escudo de armas do Mariscal e coa inscrición ''Pardo de Cela arno de Viveiro'' no mesmo sitio que sinala o documento. Levantada a lápida, apareceron tres cranios cos ósos correspondentes e, debaixo deles, os restos do citado arcediago [= ''arno''], Xoán Pardo de Cela, que morrera no [[1613]].
 
Liña 126:
* [[Castelo da Frouxeira]]
* [[Casa do Carballo de Galdo]]
* [[Castelo do CastrodouroCastro de Ouro]]
 
=== Ligazóns externas ===