Diferenzas entre revisións de «Galicia»

Retiro parágrafo que recollo en nota a pé de páxina
(Retiro parágrafo que recollo en nota a pé de páxina)
'''Galicia''' ou '''Galiza'''<ref>O termo [[Galiza]], segundo as novas normas da RAG (Real Academia Galega) do ano 2003, acéptase para referírmonos á Comunidade Autónoma de Galicia (mantendo este último como recomendado).</ref> é unha nación<ref>Nación (lat. natione). s. f. Comunidade de individuos cunha lingua, territorio, vida económica e idiosincrasia colectivos, con vínculos culturais e historia común.</ref> establecida xurídica e administrativamente como [[Comunidade Autónoma]] con estatuto de "nacionalidade histórica" segundo a [[Constitución española]] e o seu [[Estatuto de Autonomía]] (ver [[Estatuto de Galicia]]) dentro do Reino de [[España]] e situada ao noroeste da [[Península Ibérica]]. Linda ao leste con [[Asturias]] e [[Castela e León]], ao oeste co [[Océano Atlántico]], ao norte co [[Mar Cantábrico]]) e ao sur coa República de [[Portugal]].
 
Ten como lingua oficial o [[galego]], similar e de orixe común co [[portugués]], que comparte o dito estatuto co [[castelán]], que é oficial en todo o estado. O termo [[Galiza]], segundo as novas normas da RAG (Real Academia Galega) do ano 2003, acéptase para referírmonos á Comunidade Autónoma de Galicia (mantendo este último como recomendado).
 
A Galicia pertencen o [[arquipélago]] das [[Illas Cíes]] (formado pola [[illa do Faro]], [[illa de Monteagudo]] e a [[illa de San Martiño]]), o [[arquipélago de Ons]] (formado pola [[illa de Ons]] e a [[illa de Onza]]), o [[arquipélago de Sálvora]] (formado polas [[illas de Sálvora]], [[illa de Vionta]] e [[Sagres]]), así como outras illas como [[Cortegada]], [[Arousa]], as [[illas Sisargas]], ou [[Malveiras]]; a meirande parte das cales pertencen ao Parque nacional das Illas Atlánticas.