Venres Santo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Engado algo das igrexas orientais. Da wikipedia en inglés.
Liña 36:
[[Imaxe:GoodFr CroosWay Colloseo.jpg|miniatura|Viacrucis celebrado no [[Coliseo]] en Roma no Venres Santo]]
Ademais do servizo litúrxico nalgúns lugares conmemórase o día co rezo do [[Viacrucis]], onde por medio de catorce estacións lémbranse os pasos de Xesús camiño da súa morte, pódese realizar no templo, onde hai representacións pictóricas ou relevos das estacións, ou nas rúas arredor do templo, mesmo nalgúns lugares é tradición que fieis caracterizados dramaticen as diferentes estacións. En países como Malta, Italia, Filipinas, Porto Rico ou España existe a tradición de realizar procesións con estatuas que representan a Paixón de Cristo. En Roma, desde 1991 durante o papado de [[Xoán Paulo II]], realízase un viacrucis con quince estacións.
 
==Igrexas orientais==
[[File:Crucifixion by Theophanes the Cretan.jpg|thumb|''Icona da Crucifixión'' do século XVI de [[Teófanes de Creta]] (Mosteiro de Stavronikita, [[Monte Athos]])]]
Os cristiáns das igrexas orientais que seguen o rito bizantino, [[igrexa ortodoxa|ortodoxos]] e grecocatólicos, denomínano "Venres Santo e Grande" ou simplemente "Venres Grande"<ref>{{cite book|title=A Concise Dictionary of Theology|author=Gerald O'Collins, Edward G. Farrugia|p=108|publisher=Paulist Press|year=2013|isbn=978-1-587-68236-0}}</ref>
 
Non celebran a divina liturxia, agás cando coincide coa Gran Festa da [[Anunciación]], o 25 de marzo para as igrexas que seguen o tradicional [[calendario xuliano]] que cae o 7 de abril no [[calendario gregoriano|gregoriano]]. Os sacerdotes levan vestimentas de cor negra. Os ornamentos do altar póñense de cor negra, e así quedarán ata ata a divina liturxia do [[Sábado Santo|Sábado Grande]].
 
Os fieis reviven os acontecementos dese día por lecturas públicas de [[salmos]] específicos e dos [[evanxeo]]s, e mais tamén cantan [[himno|himnos litúrxicos]] acerca da morte de Cristo. Na teoloxía ortodoxa, os eventos da [[Semana Santa]] non son simplemente unha conmemoración anual de sucesos pasados, senón que os fieis participan na morte e [[resurrección de Xesús]].<ref name="Bulg">{{Cite book
|last = Bulgakov
|first = Sergei V.
|year = 1900
|title = Handbook for Church Servers|edition= 2nd
|page = 543
|chapter = Great Friday
|place = Kharkov
|publisher = Tr. Archpriest Eugene D. Tarris
|url = http://transfig.orthodoxws.com/files/Bulgakov/0543.pdf
|format = PDF
|accessdate =6 April 2015
|postscript = <!--None-->}}</ref>
</blockquote>
 
Obsérvase un [[xaxún]] estrito, un xaxún negro, tradicionalmente os cristiáns bizantinos adultos abstíñanse de consumir calquera alimento ou bebida o día enteiro, se a súa saúde llo permitía<ref name="Bulg"/> e para aqueles moi vellos ou enfermos podían comer despois da postura de Sol.
 
 
==Galería de imaxes==
Liña 44 ⟶ 68:
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
{{Días da Semana Santa}}