Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
O cáliz é a figura heráldica que máis tempo vén representando a Galicia. Aparece documentado por vez primeira como armas do «rey de Galyce» no [[armorial]] ''[[Segar's Roll]]'' de [[Inglaterra]] do ano c. [[1282]]. Foron unhas armas falantes cuxa atribución se debeu á proximidade fonética existente na [[lingua anglonormanda]] entre «Galice» e «calice». Trala súa posterior difusión a través dos armoriais, acabaron sendo adoptadas no propio reino de Galicia. Continuamente foron evolucionando a través dos séculos: a figura mudou desde o orixinario cáliz aberto até a súa representación sumada da hostia, pasando polo copón ou píxide, a custodia e aínda o viril; o orixinal campo azul diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal escudo co campo liso sen ningún engadido pasou a conter enfeites diversos como anxos ou a [[cruz de Santiago]], mais sobre todo un número variable de, primeiro, trevos e, despois, cruces, normalmente entre unha, seis ou sete, ou co campo sementado.
 
A estandarización gráfica moderna das Armas ou Escudo de Galicia foi establecida no ano [[1972]] pola [[Real Academia Galega]].<ref>{{Cita web |url=https://www.xunta.gal/o-escudo |título=Símbolos de Galicia: o escudo |páxina-web=Xunta de Galicia}}</ref> Cómpre pór de relevo, ademais, que o actual cáliz do escudo é unha representación do cáliz do [[O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro|Cebreiro]].{{cómpre referencia}}
 
Cómpre pór de relevo que o actual cáliz do escudo é unha representación do cáliz do [[O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro|Cebreiro]].{{cómpre referencia}}
 
== Heráldica ==
Liña 351 ⟶ 349:
É posible que a representación con cruces máis antiga coñecida sexa a que aparece no armorial alemán ''Hyghalmen'', tamén coñecido como ''High Almain Roll''. Conservado no College of Arms, non está datado de xeito uniforme na bibliografía: [[1447]]-[[1455]] (Rodney Dennys), c. [[1450]] (Gwynn-Jones), c. [[1485]] ou c. [[1520]] (Emmanuel de Boos).{{Sfn|{{Versaleta|Clemmensen}}|2017a|pp=119-120}}<ref>{{Cita web |url=https://www.heraldik-wiki.de/wiki/Hyghalmen_Wappenrolle |título=Hyghalmen Wappenrolle |páxina-web=Heraldik-Wiki |lingua=de}}</ref> So a inscrición ''Rex Galicie'' maniféstanse as armas galegas con dez cruces pateadas. O escudo, que posúe un cáliz de ouro cuberto, destaca tamén polo seu campo de goles.
 
Unha das primeiras representacións en que cruces recrucetadas se engaden ao cáliz central ―igualmente en número de dez― atópase na lareira do pazo de Brugse Vrije ou Franc de Bruges ([[Bruxas]]), realizada en [[1529]] e onde se amosan talladas en madeira as armas dos reinos e territorios que posuía o emperador [[Carlos V de Habsburgo]].<ref name="bruxas">{{Cita web |url=http://karrapucho2.blogspot.com.es/2016/12/galiza-no-palais-du-franc-en-bruxas.html |título=Galiza no Palais du Franc en Bruxas |nome=Héitor |apelidos={{Versaleta|Picallo}} |ligazón-autor=Héitor Picallo |data=25 de decembro de 2016 |páxina-web=Un Karrapucho de Palabras}}</ref> Tamén en [[Flandres]], na fachada do hotel Sint-Jorishof de [[Gante]], cidade natal de Carlos V, áchase en pedra policromada un dos máis antigos escudos con seis cruces ―pateadas―, pois é datable na primeira metade do século XVI.<ref>{{Cita web |url=http://karrapucho2.blogspot.com/2016/03/un-escudo-do-reino-de-galiza-en-gante.html |título=Un escudo do reino de Galiza en Gante |nome=Héitor |apelidos={{Versaleta|Picallo}} |ligazón-autor=Héitor Picallo |data=18 de marzo de 2016 |páxina-web=Un Karrapucho de Palabras}}</ref> Outro dos máis antigos co mesmo número de cruces ―recortadas neste caso―, aparece na ''[[Cosmographia (Sebastian Münster)|Cosmographia]]'' de [[Sebastian Münster]], cuxa primeira edición é do ano [[1544]]. Esta obra foi a primeira descrición do mundo en [[Lingua alemá|alemán]] e tivo unha gran repercusión en Europa, con máis de dúas ducias de edicións en 100 anos e numerosas traducións a outras linguas.<ref>{{Cita web |url=http://karrapucho2.blogspot.com/2017/01/a-cosmographia-de-sebastian-munster-e.html |título=A Cosmographia de Sebastian Münster e Galiza |nome=Héitor |apelidos={{Versaleta|Picallo}} |ligazón-autor=Héitor Picallo |data=16 de xaneiro de 2017 |páxina-web=Un Karrapucho de Palabras}}</ref> Pola súa banda, o sementado de cruces fixo aparición arredor da metade do século. Pódense salientar, pola súa vistosidade, a lámina do conxunto de gravados dos irmáns [[Jean Doetecum|Jean]] e [[Lucas Doetecum]] que representa as exequias de Carlos V celebradas en [[Bruxelas]] en [[1558]], e a composición heráldica do armorial ''Le Blancq'' realizada cara a [[1560]]. Na primeira obra os representantes do reino de Galicia amósanse coas armas no estandarte e nas galdrapas do cabalo, mentres na segunda o escudo galego posúe até 21 cruces no campo e está timbrado cun helmo de ouro coroado, cunha gran cruz recrucetada de cimeira e adornado con amplos [[lambrequín]]s de ouro e azur.{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|pp=55-56}}
 
{{Imaxe múltiple
Liña 447 ⟶ 445:
</gallery>
 
En Europa o escudo empregado pola Monarquía Católica non debía semellar representativo dabondo das súas posesións territoriais. Isto fixo que lle fosen atribuídos diferentes escudos territoriais nos cales adoitaba aparecer representado o reino de Galicia coas súas armas. DasDeste xeito, na xa mencionada lareira do pazo de Bruxas de 1529 amósase tallado en madeira un escudo cuartelado coas armas dos reinos de Castela, León e Galicia, isto é, por un lado, nos cuarteis primeiro e cuarto, cuarteladas á súa vez, as armas de Castela e León; por outro, nos cuarteis segundo e terceiro as armas de Galicia. Este mesmo escudo figura tamén no armorial de Vigil Raber, do ano 1548.<ref name="bruxas"/> Ademais, das diversas obras cómpre salientar a de Mainoldi Galerati do ano [[1573]], onde Galicia se manifesta no seu propio escudete situado no embigo do escudo real. Outra obra podería ser a ''[[Encyclopédie]]'' de Diderot e d'Alembert, así como a ''[[Encyclopédie Méthodique]]'', ambas da segunda metade do século XVIII, onde tamén figuran as armas galegas no talvez máis «ambicioso e estrambótico» exemplo: unha ilustración didáctica cun escudo dividido en 32 cuarteis.{{Sfn|{{Versaleta|Sánchez Badiola}}|2010|pp=148-152}}
 
Logo da instauración da [[Casa de Bonaparte|dinastía bonapartista]] na figura de [[Xosé I Bonaparte]] en [[1808]], cando o [[afrancesado]] [[Juan Antonio Llorente]] propuxo para o rei un escudo cunha maior significación territorial, que acabou sendo aceptado, rexeitouse a intención de incluír as armas de Galicia.{{Sfn|{{Versaleta|Sánchez Badiola}}|2010|pp=152-153}}