Magnus Carlsen: Diferenzas entre revisións

Grande Mestre de Xadrez
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{En uso}} {{Biografía}} thumb|FIDE World FR Chess Championship 2019 - Magnus Carlsen '''Sven Magnus Øen Carl..."
Etiqueta: edición de código 2017
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de abril de 2020 ás 12:54

Sven Magnus Øen Carlsen nado o 30 de novembro de 1990 en Tønsberg Noruega, é un xogador de xadrez noruegués, Gran Mestre Internacional, número un mundial na clasificación Elo e campión do mundo.

Magnus Carlsen
Nome completoSven Magnus Øen Carlsen
Nacemento30 de novembro de 1990
Lugar de nacementoTønsberg
NacionalidadeNoruega
Ocupaciónxadrecista
PremiosChess Oscar, Aftenposten Gold Medal, Norwegian Sportsperson of the Year, Peer Gynt Literary Award, Chess Oscar, Chess Oscar, Chess Oscar, Chess Oscar, People sport prize, People sport prize, People sport prize, People sport prize e world chess champion
Na rede
https://magnuscarlsen.com
IMDB: nm2106432 Facebook: magnuschess Twitter: MagnusCarlsen Instagram: magnus_carlsen Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
FIDE World FR Chess Championship 2019 - Magnus Carlsen

O 11 de maio de 2014 [1], a puntuaciónn Elo de Carlsen era de 2882 puntos. É a clasificación máis alta da historia, por diante da de Garry Kasparov que acadou os 2851 puntos no 1999 .

Carlsen foi campión do mundo de xadrez clásico trala vitoria contra Viswanathan Anand en 2013, repetiu en 2014 contra este mesmo rival, en 2016 contra Sergueï Kariakine[2] e en 2018 contra Fabiano Caruana. Tamén foi campión mundial de xogos rápidos e blitz, sendo este último título gañado por vez primeira en 2009.

Carlsen chamou a atención do mundo do xadrez coa súa vitoria no torneo C do torneo Wijk aan Zee en xaneiro de 2004, aos 13 anos anos de idade, converténdose ese mesmo ano no quinto Grande Mestre máis novo da historia do xadrez. Nos anos 2009 e 2010, Kasparov contribuíu á preparación de Carlsen. En novembro de 2009, tras obter un resultado excepcional no torneo de Nanjing , Magnus Carlsen alcanzou a clasificación de 2801 Elo e é o quinto xogador que supera o limiar de 2800 desde a creación da clasificación pola Federación Internacional de Xadrez en 1970. Ao obter unha clasificación Elo de 2810 en xaneiro de 2010, Magnus Carlsen ocupou o posto número un do mundo por primeira vez aos 19 anos e un mes, converténdose no número un máis novo na historia do xadrez.

En marzo de 2013, Carlsen terminou primeiro no Torneo de Candidatos en Londres. Este éxito designouno como o aspirante para se enfrontar ao campión do mundo reinante, o indio Viswanathan Anand no Campionato Mundial de xadrez 2013[3]. Gañou contra o seu rival cun resultado de 6,5 - 3,5 despois dunha partida que dominou, converténdoo nun dos máis novos campións do mundo de xadrez da historia. É o primeiro xogador da historia en posuir as tres coroas mundiais[4] ao gañar en xuño de 2014, en Dubai os campionatos mundiais de xogos rápidos e blitz[5]. En decembro de 2019 gañou de novo os dous títulos mundiais en xogos rápidos e en blitz en Moscova[6].

Despois da súa vitoria ex aequo na Copa Sinquefield de 2019 (Saint-Louis), consegue unha serie de vitorias única para un campión do mundo reinante con seis torneos gañados consecutivamente sen perder un só xogo (62 partidas). De 1986 a 1990, Kasparov gañara once torneos consecutivos (5 partidas perdidas. Ademais, Magnus Carlsen está invicto durante cento un xogos de ritmo lento (torneos individuais, copa de clubs europeos e campionato do mundo) sendo derrotado en Biel o 31 de xullo de 2018 contra Shakhriyar Mamedyarov, o que constitúe un récord.

Estas actuacións levan a moitos especialistas a consideralo como o mellor xogador da historia do deporte.

Notas

  1. Top 100 FIDE.
  2. "Magnus Carlsen proclámase Campión Mundial". FEGAXA. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  3. "Magnus Carlsen sets up chess showdown". The Guardian. Consultado o 17 de abril de 2020. (en inglés)
  4. "Magnus Carlsen is the First Man to Win the Chess Triple Crown, but Not the First Person". The Mary Sue. Consultado o 17 de abril de 2020. (en inglés)
  5. "Championnats du monde blitz et rapide". Europe échecs. Consultado o 17 de abril de 2020. (en francés)
  6. "Magnus Carlsen conquista a tripla coroa mundial". Público. Consultado o 17 de abril de 2020. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

International Chess Federation Top list records (en inglés)