Usuario:Brais Oliveira/Magnus Carlsen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Sen resumo de edición
Liña 6:
O 11 de maio de 2014 <ref>[http://ratings.fide.com/top.phtml?list=men Top 100] FIDE.</ref>, a puntuaciónn Elo de Carlsen era de 2882 puntos. É a clasificación máis alta da historia, por diante da de [[Garri Kasparov|Garry Kasparov]] que acadou os 2851 puntos no 1999 .
 
Carlsen foi campión do mundo de xadrez clásico trala vitoria contra [[Viswanathan Anand]] en 2013, repetiu en 2014 contra este mesmo rival, en 2016 contra [[Sergey Karjakin|Sergueï Kariakine]] e en 2018 contra [[Fabiano Caruana]]. Tamén foi campión mundial de xogos rápidos e blitz, sendo este último título gañado por vez primeira en 2009 .
 
Carlsen chamou a atención do mundo do xadrez coa súa vitoria no torneo C do torneo [[Wijk aan Zee]] en xaneiro de 2004, aos 13 anos anos de idade, converténdose ese mesmo ano no quinto Grande Mestre máis novo da historia do xadrez. Nos anos 2009 e 2010, Kasparov contribuíu á preparación de Carlsen. En novembro de 2009, tras obter un resultado excepcional no torneo de Nanjing , Magnus Carlsen alcanzou a clasificación de 2801 [[Sistema de puntuación Elo|Elo]] e é o quinto xogador que supera o limiar de 2800 desde a creación da clasificación pola [[FIDE|Federación Internacional de Xadrez]] en 1970. Ao obter unha clasificación Elo de 2810 en xaneiro de 2010, Magnus Carlsen ocupou o posto número un do mundo por primeira vez aos 19 anos e un mes, converténdose no número un máis novo na historia do xadrez.