Efecto Tetris: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Corrección ortográfica
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Liña 1:
O '''efecto Tetris''' prodúcese cando unha [[persoa]] lle dedica [[tempo]] e atencións exaxeradasesaxeradas a unha actividade até tal punto que esta actividade comeza a eclipsar os seus [[pensamento]]s, imaxes mentais e [[soño]]s. Recibe o nome a partir do coñecido [[videoxogo]], [[Tetris]]. Neste [[xogo]] débense rotar e mover diferentes pezas, denominadas [[tetrominó]]s, que van caendo sobre a base da [[pantalla]] e formar bloques con eles de tal maneira que se creen liñas horizontais sen buratos polo medio. Cando isto se consegue a liña é eliminada. O obxectivo é facer o maior número posíbel de liñas antes de que a pantalla se encha rematando o xogo.
 
A xente que xoga ao Tetris durante un período prolongado de tempo poden encontrarse a si mesmas pensando nas diferentes maneiras en que na vida real se poden colocar as cousas, por exemplo as caixas dos andeis dos supermercados ou os edificios das rúas.<ref name="Earling">Earling, A. (1996, March 21-28). ''The Tetris Effect: Do computer games fry your brain?'' en ''Philadelphia City Paper'' [http://www.citypaper.net/articles/032196/article038.shtml] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080122021142/http://www.citypaper.net/articles/032196/article038.shtml |date=22 de xaneiro de 2008 }}</ref> Neste sentido, o efecto Tetris é unha forma de [[Hábito (psicoloxía)|hábito]]. Entre as persoas que sofren o efecto Tetris tamén se pode dar a visión de imaxes de formas de Tetris nas marxes do seu campo de visión ou cando fechan os ollos,<ref name="Earling"/> sendo neste sentido un tipo de [[alucinación]]. Mais o efecto Tetris tamén se pode presentar na forma de [[Hipnagónicas|alucinación hipnogónica]], cando esas persoas continúan a xogar partidas de Tetris en soños.<ref name="stickgold">Stickgold, R., Malia, A., Maguire, D., Roddenberry, D., & O'Connor, M. (2000). Replaying the game: Hypnagogic images in normals and amnesics. ''Science'' '''290''': 350-353. (free abstract) [http://www.sciencemag.org/cgi/content/abstract/290/5490/350]</ref>