Astrocitoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios +cda
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 21:
 
== Diagnóstico ==
Polo xeral, cómpre dunha [[Tomografía axial computarizadacomputadorizada|TAC]] ou unha resonancia magnética para caracterizar o tumor e a súa extensión, incluíndo o tamaño, a localización e a consistencia. A TAC amosa normalmente a distorsión no terceiro ventrículo e os ventrículos laterais, con desprazamento das arterias cerebrais anterior e media. A análise histolóxica é necesaria para estadificar o tumor nalgún dos seus catro grao da OMS. Adicionalmente, adóitase realizar un exame médico total, coa fin de verificar a integridade neurolóxica do individuo, incluíndo a visión, o equilibrio, a coordinación e o estado mental. A biopsia do tumor é un procedemento dirixido por un neurocirurxián. As biopsias serven para facer a estadiaxe do tumor. Esta estadiaxe depende do grao de diferenciación e da cantidade de vasos sanguíneos que teña o tumor. A actividade mitótica das células que compoñen o tumor correlaciónase co curso clínico deste, sendo posíbel detectar por [[anticorpos]] o grao de proliferación destas [[célula]]s neoplásicas, grazas a súa tinción inmunihistoquímica.
 
== Tratamento ==