Anfibios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+trad eswiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
Os '''anfibios''' ('''Amphibia''', do [[Idioma grego|grego]] ἀμφί, ''amphí'' ('ambos') e βίος, ''bíos'' ('vida'), que significa «ambas as vidas» ou «en ambos os medios») son unha [[Clase (bioloxía)|clase]] de [[Vertebrata|vertebrados]] [[anamniota]]s (sen [[Saco amniótico|amnios]], como os [[Peixe|peixes]]), [[Tetrapoda|tetrápodos]], [[Ectotermia|ectotérmicos]], con [[branquia|respiración branquial]] durante a fase [[larva]]ria e [[Pulmóns|pulmonar]] ao alcanzar o estado adulto.<ref name="duellman">Duellman, W. E. & Trueb, L. (1994) [http://books.google.cl/books?id=CzxVvKmrtIgC&printsec=frontcover#v=onepage&q=&f=false Biology of Amphibians]. [[Johns Hopkins University Press]]. ISBN 978-0-8018-4780-6.</ref><ref name="hickman">Jr.Cleveland P Hickman, Larry S. Roberts, Allan L. Larson: Integrated Principles of Zoology, McGraw-Hill Publishing Co, 2001, ISBN 0-07-290961-7</ref> A diferenza do resto dos vertebrados, distínguense por sufrir unha transformación durante o seu desenvolvemento.
 
Os anfibios foron os primeiros vertebrados en adaptarse a unha vida semiterrestre,<ref name=storer>Storer, Tracy. ''General Zoology''. 6th edition. MC. Graw Hill Book Company, Inc</ref> presentando na actualidade unha distribución cosmopolita ao atoparse exemplares en practicamente todo o mundo, estando ausentes só nas rexións [[Ártico|árticas]] e [[Antártida|antárticas]], nos [[deserto]]s máis áridos e na maioría das [[illa]]s oceánicas. Hai descritas 7492&nbsp;[[especie]]s de anfibios.<ref>{{cita web |título=: AmphibiaWeb: Information on amphibian biology and conservation |ano=2012 |editorial= Universidade de California, Berkeley|url=http://amphibiaweb.org/ |dataacceso=29 de setembro de 2012}}</ref><ref name=asw>{{ASW|Amphibia |dataacceso=2 de febreiro de 2016}}</ref> O seu estudo (xunto cos [[réptiles]]) coñécese como [[herpetoloxía]].
 
Cumpren un rol ecolóxico vital respecto ao transporte de enerxía desde o medio acuático ao terrestre, así como a nivel [[cadea trófica|trófico]] ao alimentarse en estado adulto, en gran medida, de [[artrópodo]]s e outros [[invertebrado]]s. Algunhas especies de anfibios secretan a través da pel substancias altamente tóxicas. Estas substancias constitúen un sistema de defensa fronte aos depredadores.<ref name=duellman/><ref name=hickman/>