Machu Picchu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: ligazóns
m →‎Historia: arranxiño
Liña 67:
 
== Historia ==
A Valgada de Picchu, situada a medio camiño entre os Andes e a foresta amazónica, foi unha rexión colonizada por poboacións montesas, non selváticas, provenientes das rexións de Vilcabamba e do Val Sagrado, en Cuzco, en busca da expansión das súas fronteiras agrarias. As evidencias arqueolóxicas indican que a [[agricultura]] practicouse na rexión dende polo menos o [[-760|760 a.C.]]<ref>[[#Kendall|Kendall]], 1994: 102</ref> Produciuse unha explosión demográfica a partir do [[Período xeolóxico|período]] [[Horizonte Mediomedio]], dende o ano [[900]] da nosa era, por grupos non documentados historicamente pero que posiblemente estiveron vinculados á etnia Tampu do Urubamba. Crese que estes pobos poderían formar parte da federación [[Aiarmaca]], rivais dos primeiros incas do Cuzco.<ref>[[#Kendall|Kendall]], 1994: 103.</ref> Os aiarmaca aparecen mencionados en diferentes crónicas do [[século XVI]] como antagonistas dos incas no período anterior ao ascenso de Pachacuti. Nese período expándese considerablemente a área agrícola "construída" (plataformas). Porén, o emprazamento específico da cidade (a crista rochosa que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu) non presenta pegadas de ter edificacións antes do [[século XV]].<ref>Valencia e Gibaja, 1992: 319</ref>
 
=== Época inca (1438-1534) ===