Diferenzas entre revisións de «Universo»

m
Arranxiños
m (→‎A Vía Láctea: Arranxos varios)
m (Arranxiños)
de todas as formas da [[materia]], a [[enerxía]] e o [[Impulso (aerodinámica)|impulso]], e as leis e [[Constante física|constantes físicas]] que as gobernan. A grande escala, é o obxecto de estudo da [[cosmoloxía]], que se basea na [[física]] e na [[astronomía]], aínda que algúns dos temas de estudo bordean a [[metafísica]]. O Universo comprende todo o que ten existencia dentro dunha determinada clase de obxectos ou entidades. Hoxe en día, os expertos non están de acordo sobre se é posible (en principio) de chegar a observar a totalidade do Universo.
 
Universo é unha palabra derivada do [[Lingua latina|latín]] que á súa vez provén de ''unus'' ('un', no sentido de 'único') e ''versus'' ('desenvolvido, posto xunto'). Con todo, o termo "universo" pode ser utilizado en sentidos contextuais lixeiramente diferentes, para referirse a conceptos como o cosmos, o mundo ou a [[natureza]].
 
Observacións [[astronomía|astronómicas]] indican que o universo ten unha idade de 13,73 ± 0,12 [[mil millóns|millardos]] de anos e polo menos 93 000 millóns de [[ano luz|anos luz]] de extensión.<ref>Lineweaver, Charles; Tamara M. Davis (2005). [https://www.mso.anu.edu.au/~charley/papers/LineweaverDavisSciAm.pdf Misconceptions about the Big Bang], consultado o 28 de agosto de 2018 dende a páxina do [https://www.mso.anu.edu.au/~charley/ autor]. [[Scientific American]]</ref> O evento que se cre que deu inicio ao universo denomínase ''[[Big Bang]]''. Naquel instante toda a materia e a enerxía do universo observable estaba concentrada nun punto de [[densidade]] infinita. Despois do ''Big Bang'', o universo comezou a expandirse para chegar á súa condición actual, e continúa facéndoo.
Debido a que, segundo a [[Relatividade especial|teoría da relatividade especial]], a materia non pode moverse a unha velocidade superior á [[velocidade da luz]], pode parecer paradoxal que dous obxectos do universo puidesen separarse 93 mil millóns de anos luz nun tempo de unicamente 13 mil millóns de anos; con todo, esta separación non entra en conflito coa [[relatividade xeral|teoría da relatividade xeral]], xa que esta só afecta ao movemento no espazo, pero non ao espazo mesmo, que pode estenderse a un ritmo superior, non limitado pola velocidade da luz. Polo tanto, dúas [[galaxia]]s poden separarse unha da outra máis rapidamente que a velocidade da luz se é o espazo entre elas o que se dilata.
 
Medicións sobre a distribución espacial e o [[corremento cara ao vermello|desprazamento cara ao vermello]] (''redshift'') de galaxias distantes, a [[radiaciónRadiación de fondo cósmico de microondas|radiación cósmica de fondo de microondas]], e as porcentaxes relativas dos elementos químicos máis lixeiros, apoian a teoría da expansión do espazo, e máis en xeral, a teoría do [[Big Bang]], que propón que o universo en si creouse nun momento específico no pasado.
Observacións recentes demostraron que esta expansión estase acelerando, e que a maior parte da materia e a enerxía no universo é fundamentalmente diferente da observada na Terra, e non é directamente observable<ref>{{cita web |url=http://www.abc.es/20100427/ciencia-tecnologia-espacio-astrofisica/primeras-imagenes-materia-oscura-201004271033.html |título=Primeras imágenes de la materia oscura |dataacceso=30 de agosto do 2015|lingua=castelán }}</ref> (véxanse [[materia escura]] e [[enerxía escura]]). A imprecisión das observacións actuais limitou as predicións sobre o destino final do universo.
 
104.596

edicións