Kussar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: +control autoridades using AWB
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Kussar''' ou '''Kussara''' é unha cidade [[hitita]] da Antigüidade, cuxos reis fundaron o primeiro gran reino anatolio na [[Idade de Bronce]].
 
A localización de Kussar está suxeita a debate, xa que aínda non se atopou o emprazamento da cidade. Hai un certo acordo xeral de situala en [[Anatolia]] central, en pleno país hitita, cara o sur do [[Río Kızılırmak|río Kizil Irmak]], pero se cadra estivo situada máis ao leste, na rexión da actual [[Divrigi]].
 
O primeiro rei desta cidade que coñecemos é [[Pithanas]]. No final do período das colonias comerciais asirias en [[Capadocia]] (sobre [[-1800]]), apodérase da vila de Nesha/[[Kültepe|Kanesh]]. O seu fillo [[Anittas]] fai desta cidade a súa capital, tal e como o testemuña unha punta de lanza co seu nome atopada no palacio de Kanesh. Agrandou considerabelmente o seu Imperio, especialmente ao apoderarse de [[Hattusa|Hattusha]], a capital du reino de [[Hatti]]. A continuación da historia deste reino énos descoñecida. A destrución de Kanesh pouco tempo despois da morte de Anitta (ou mesmo durante o seu reinado) parece amosar un debilitamento rápido deste Estado, quizais debido ás ofensivas de reinos como o de [[Zalpa]], ao norte, ou dos [[Hurritas]], ao sueste.
 
O feito de que [[Hattusilis I]], fundador do primeiro reino hitita, se diga descendente dos reis de Kussar confirma que este reino foi un precursor do grande imperio anatolio que domina a rexión durante os séculos seguintes.
Liña 11:
[[Categoría:Imperio Hitita]]
[[Categoría:Historia de Turquía]]
[[Categoría:Cidades hititas]]