Mosteiro de San Martiño Pinario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 44:
O retablo do lado da epístola, da mesma estrutura que o anterior, está adicado a San Bieito, fundador da orde propietaria do templo. A figura central é a do santo cos seus atributos de autoridade e dignidade (a mitra e mais o báculo), o da súa labor lexislativa (o libro da regra) e do seu poder taumatúrxico (o corvo co pan no peteiro). Na parte superior, un altorrelevo representa a éxtase do santo. Completan o retablo catro figuras de santos bieitos: Mauro e Plácido, discípulos de Bieito desde a nenez, Anselmo abade e San Tomé de Aquino.
 
Nos remates dos dous retablos do cruceiro aparecen catro figuras de santos fundadores de ordes relixiosas, en concreto das catro ordes principais presentes na cidade no tempo: San Domingos de Andrade, San Ignacio de Loiola, Santo Agostiño e San Francisco de Asís. Destaca esta última figura, na que o santo aparece vestido de peregrino e cunha cesta con peixes na man. As terras veciñas nas que erguen a igrexa e o mosteiro de San Franscisco foron cedidas polos bieitos de Pinario aos franciscanos. O simbólico pagamento desta cesión era unha cesta anual de peixes. Esta historia é a que se representa na imaxe.<ref>{{Cita libro |título=Guía da arte de Galicia |apelidos={{Versaleta|Cegarra}} |nome=Basilio |ligazónautor=Basilio Cegarra |editorial=Editorial Galaxia |ano=1992 |ISBN=84-7154-847-X |refpáxina={{cómpre páxina}} }}</ref>
 
A [[fachada]], comezada no ano [[1598]] e rematada no ano [[1645]], é obra do portugués Mateo López. De gustos platerescos, ten estrutura de retablo dividido en tres plantas construídas en [[orde arquitectónica|ordes]] [[orde corintia|corintia]] e [[orde composta|composta]] e mostra as figuras da [[Virxe co neno]] e varios santos [[abade]]s beneditinos. O [[Pai Eterno]] preside o frontón triangular. [[Martiño de Tours|San Martiño]] culmina o conxunto no alto do mesmo na súa representación máis clásica: a cabalo e partindo a súa capa para abrigar a un mendigo.
Liña 66:
|Ficheiro:Seminario Maior desde os tellados da Catedral de Santiago de Compostela.jpg|O Seminario Maior desde os tellados da Catedral.
}}
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Monastery of San Martiño Pinario}}
=== Bibliografía ===
{{ampliar}}