Provincia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
→‎En España: referencia a artigo principal
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 11:
Trala [[Revolución Francesa]], o termo ''provincia'' caeu en desuso dentro de [[Francia]]. A mediados do século XIX, nalgunhas nacións iberoamericanas como [[México]], o [[Brasil]], [[Colombia]] e [[Venezuela]] chamouse ''provincia'' ás unidades administrativas constituíntes e por influxo dos [[Estados Unidos]], devanditas nacións con reformas da súa constitución pasaron a ser chamadas ''estados'' por estar dentro dun réxime [[federalismo|federal]]. Por exemplo, o termo ''provincia'', como o é no emprego da frase «provincia mexicana» inclúe como significado ó dun ''territorio dentro do país agás a súa capital'' pero o termo quedou desfavorecido.
 
Nos [[Países Baixos]] e [[Bélxica]] mantense a denominación ''provincia'' para as unidades administrativas principais de ámbolos dous estados. En [[Bulgaria]], a palabra [[óblast]] adoita ser sinónimo de ''provincia''.
 
Na [[Arxentina]] mantense a denominación ''provincia'' para significar a todo [[estado federal|estado federado]] constituínte da república. No [[Canadá]], un dos estados máis descentralizados do mundo, séguese empregando a denominación ''provincia'' tanto en [[lingua inglesa|inglés]] como en [[lingua francesa|francés]]. No caso de [[Chile]], chamouse ''provincia'' a unha unidade administrativa que era subordinada polo estado central e na década de 1970, dadas as súas pequenas dimensións territoriais, foron reunidas en [[Rexións de Chile|rexións]] como división de segunda orde e as [[Provincias de Chile|provincias]] como división de terceira orde.