Diferenzas entre revisións de «Xuízo ás Xuntas»

remato tradución da wiki es:Juicio a las Juntas
(remato tradución da wiki es:Juicio a las Juntas)
{{enuso}}
[[Image:Inicio del Juicio a las Juntas Militares - 22ABR85 - presidencia-govar.jpg|thumb|250px|[[22 de abril]] de [[1985]]: comeza o Xuízo ás Xuntas Militares]]
Se coñece como '''Xuízo ás Xuntas''' o [[proceso xudicial]] realizado pola xustiza civil na [[Arxentina]] en [[1985]], por orde do presidente [[Raúl Alfonsín]] (1983-1989) contra as tres primeiras [[xunta militar|xuntas militares]] da ditadura chamada [[Proceso de Reorganización Nacional]] (1976-1983) por mor das graves e masivas violacións de [[dereitos humanos]] cometidas nese período.
A CONADEP documentou acabadamente ao redor de 9.000 casos concretos de violacións de dereitos humanos. Pola súa seriedade e neutralidade, o Informe Nunca Más non só constituiu unha proba fundamental no Xuízo contra as Xuntas, se non que produxo un impacto cultural de enorme magnitude na sociedade arxentina.
 
O [[20 de setembro]] de [[1984]] a CONADEP produciu o seu famoso informe titulado '''“[[Informe Nunca Más|Nunca Más]]”''' e os seus membros concurriron a entregalo ao presidente ''Alfonsín'' á [[Casa Rosada]] acompañada dunha multitude de 70.000 persoas <ref>[http://www.todo-argentina.net/historia/democracia/alfonsin/1984.htm ''Raúl Alfonsín (1983-1989)'', Todo Argentina]</ref>.
 
==Poxa entre a xustiza militar e a xustiza civil==
 
Nese momento o Consello Supremo das Forzas Armadas só tomara declaración indagatoria e dictado prisión preventiva ao almirante [[Emilio Massera]].
 
==O xuízo==
Os integrantes da Cámara Federal de Apelacións no Criminal e Correccional da Capital Federal que xulgou ás Xuntas Militares foron [[Jorge Torlasco]], [[Ricardo Gil Lavedra]], [[León Carlos Arslanián]], [[Jorge Valerga Araoz]], [[Guillermo Ledesma]] e [[Andrés J. D’Alessio]]. Durante o xuízo, os xuíces rotaron cada semana na presidencia do tribunal.
 
O fiscal foi [[Julio César Strassera]] con quen colaborou o fiscal adxunto, [[Luís Gabriel Moreno Ocampo]]. Todos os demais funcionarios aos que se solicitou colaboración negáronse a iso con diversas escusas <ref>[http://www.fcen.uba.ar/publicac/revexact/exacta16/entreve.htm ''Entrevista a Julio César Strassera'', por Armando Doria e Guillermo Durán, Revista Exactamente, Nº 16]</ref>.
 
Pouco antes de iniciarse o xuízo intentouse unha operación para evitar o xuízo promovida por sectores da [[Unión Cívica Radical]] e o xeneral [[Albano Harguindeguy]], ex Xefe do Exército durante a ditadura militar <ref>[http://www.pagina12.com.ar/diario/suplementos/espectaculos/8-1237-2005-12-09.html ''Los jueces en aquella sala'', Páxina 12, 9 de decembro de 2005]</ref>.
 
Debido a que a cantidade de delitos sobre os que existían constancias superaban os dez mil, o fiscal Strassera tomou a decisión de recorrer a un mecanismo utilizado polo Consello Europeo de Dereitos Humanos, sobre a base de casos paradigmáticos. A fiscalía presentou entón 709 casos, dos cales o tribunal decidiu examinar 280.
 
Entre o 22 de abril e o 14 de agosto de 1985 realizouse a audiencia pública. Nela declararon 833 persoas. As atrocidades que revelaron moitos deses testemuños sacudiron hondamente a conciencia da opinión pública arxentina e mundial. O escritor [[Jorge Luis Borges]], que asistiu a unha delas, relatou a súa vivencia nun artigo para a axencia española EFE co título de "''Lunes, 22 de julio de 1985"''. Nunha parte de devandito relato di:
 
{{cita|De las muchas cosas que oí esa tarde y que espero olvidar, referiré la que más me marcó, para librarme de ella. Ocurrió un 24 de diciembre. Llevaron a todos los presos a una sala donde no habían estado nunca. No sin algún asombro vieron una larga mesa tendida. Vieron manteles, platos de porcelana, cubiertos y botellas de vino. Después llegaron los manjares (repito las palabras del huésped). Era la cena de Nochebuena. Habían sido torturados y no ignoraban que los torturarían al día siguiente. Apareció el Señor de ese Infierno y les deseó Feliz Navidad. No era una burla, no era una manifestación de cinismo, no era un remordimiento. Era, como ya dije, una suerte de inocencia del mal.<ref>[http://ar.geocities.com/confrontar/testimonio.htm ''“Lunes, 22 de julio de 1985”'', por Jorge Luis Borges, Axencia EFE, 22 de xullo de 1985]</ref>}}
 
Entre o 11 e o 18 de setembro de 1985 o fiscal Julio César Strassera realizou a alegación da fiscalía, que logo foi considerado como unha peza histórica. A fiscalía consideraba que a responsabilidade por cada delito debía ser compartida polos membros de cada xunta á que se lle probou participación. Finalmente o tribunal non aceptou este criterio, sostendo que as responsabilidades debían ser asignadas por cada forza armada, o que produciu unha considerábel redución das penas para os membros da Forza Aérea.
 
Strassera pechou a súa alegación con esta frase:
 
{{cita|Señores jueces: quiero renunciar expresamente a toda pretensión de originalidad para cerrar esta requisitoria. Quiero utilizar una frase que no me pertenece, porque pertenece ya a todo el pueblo argentino. Señores jueces: 'Nunca más".}}
 
Entre o 30 de setembro e o 21 de outubro realizáronse as defensas dos Xefes Militares, que basicamente sostiveron que se había tratado dunha [[guerra]], e que os actos develados debían ser considerados como circunstancias inevitábeis de toda guerra.
 
==A sentenza==
O [[9 de decembro]] ditouse a [[Sentenza xudicial|sentenza]] condenando a [[Jorge Rafael Videla]] e [[Emilio Eduardo Massera]] a reclusión perpetua, a [[Roberto Eduardo Viola]] a 17 anos de prisión, a [[Armando Lambruschini]] a 8 anos de prisión e a [[Orlando Ramón Agosti]] a 4 anos de prisión. Os acusados [[Omar Domingo Rubens Graffigna|Omar Grafigna]], [[Leopoldo Galtieri]], [[Jorge Isaac Anaya]] e [[Basilio Lami Dozo]] non foron condenados por non haberse podido probar os delitos que se lles imputaban.
 
A sentenza foi lida por [[León Arslanián]] na súa condición de presidente da Cámara Federal. Fundamentalmente o fallo recoñeceu que as xuntas deseñaron e implementaron un plan criminal e rexeitou a lei amnistía sancionada polo último goberno militar. Sinala tamén que cada forza actuou autonomamente e que as penas deben ser graduadas en función diso. Finalmente, concluíu que a fiscalía non puido probar que, con posterioridade a [[1980]] cometéronse crimes que puidesen ser responsabilidade da xunta militar, exculpando así á terceira xunta (Galtieri-Amaya-Lami Dozo).
 
Nun dos parágrafos da extensa sentenza pode lerse:
 
{{cita|En suma puede afirmarse que los comandantes establecieron secretamente, un modo criminal de lucha contra el terrorismo. Se otorgó a los cuadros inferiores de las Fuerzas Armadas una gran discrecionalidad para privar de libertad a quienes aparecieran, según la información de inteligencia, como vinculados a la subversión; se dispuso que se los interrogara bajo tormentos y que se los sometiera a regímenes inhumanos de vida, mientras se los mantenía clandestinamente en cautiverio; se concedió, por fin, una gran libertad para apreciar el destino final de cada víctima, el ingreso al sistema legal (Poder Ejecutivo Nacional o justicia), la libertad o, simplemente, la eliminación física.}}
 
==Transcendencia do fallo==
Polas características que tivo, a condena ás xuntas militares realizada por un goberno democrático constituíu un feito sen precedentes en América Latina, que contrastou fortemente coas transicións negociadas que tiveron lugar naqueles anos en [[Uruguai]], [[Chile]], [[Brasil]], [[España]], [[Portugal]] e [[Sudáfrica]].
 
Por primeira vez militares latinoamericanos que planearon e realizaron un [[golpe de estado]] contra un goberno constitucional foron axuizados e condenados por un tribunal civil.
 
==Xuízo á última Xunta ==
Os membros da última xunta e o último presidente foron procesados pola redacción do chamado ''Documento Final sobre a Loita contra a Subversión e o Terrorismo'' e a sanción dunha ''lei de autoamnistía''. A razón xurídica utilizada para abrir este xuízo foi que con ese acto encubriuse o secuestro de nenos <ref>[http://www.rionegro.com.ar/arch200602/07/n07j06.php ''Una investigación que lleva tres jueces'', Río Negro on line, 7 de febreiro de 2006]</ref>.
 
==Os indultos do presidente Menem==
{{Artigo principal|Indultos de Menem}}
 
O [[29 de decembro]] de [[1990]], no marco dunha serie de indultos relacionados coa [[Guerra sucia en Arxentina]], o presidente [[Carlos Menem]] sancionou o Decreto 2741/90 indultando aos ex membros das xuntas militares condenados en 1985.
 
O [[6 de setembro]] de [[2006]] o xuíz Norberto Oyarbide declarou a inconstitucionalidade do Decreto 2741/90 que indultou aos membros das xuntas para procesar a [[Jorge Rafael Videla]] no caso do secuestro dos empresarios Gutheim <ref>[http://blogs.periodistadigital.com/ultimahora.php/2006/09/06/p43529 ''Anulado el indulto que protegía al dictador argentino Jorge Videla'', Periodista Digital, 6 de setembro de 2006]</ref>. Poucos días despois o 19 de setembro de 2006, o máximo tribunal penal da Arxentina, a Cámara de Casación Penal, declarou a inconstitucionalidade do indulto concedido ao xeneral [[Santiago Omar Riveros]] <ref>[http://www.lostiempos.com/noticias/16-09-06/16_09_06_inter1.php ''Tribunal sienta precedente para eliminar indultos en Argentina'', Los Tiempos, 16 de setembro de 2006]</ref>.
 
==Notas==
{{listaref|1}}
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* {{Cita libro
| autor = Ciancaglini, Sergio; Granovsky, Martín
| título = Máis nada que a verdade: o xuízo ás xuntas
| ano = 1995
| publicación = Bos Aires: Planeta
| id = ISBN 9507426647
}}
 
===Outros artigos===
*[[CONADEP]]
*[[Guerra sucia en Arxentina]]
*[[Proceso de Reorganización Nacional]]
*[[Raúl Alfonsín]]
*[[Dereitos humanos]]
 
===Ligazóns externas===
*[http://ar.geocities.com/confrontar/testimonio.htm ''“Lunes, 22 de julio de 1985”'', por Jorge Luis Borges, Axencia EFE, 22 de xullo de 1985]
*[http://www.lavaca.org/seccion/bibliovaca/0/485.shtml Detallado relato do Xuízo ás Xuntas, Lavaca]
 
[[Category:Abusos de dereitos humanos]]
[[Category:Historia de Arxentina]]
 
[[en:Trial of the Xuntas]]
[[es:Juicio a las Juntas]]
6.357

edicións