Salinidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎Definicións: Arranxos varios
Liña 6:
Este proceso de evaporación é máis intenso nas [[Ecuador|zonas ecuatoriais]], e menor nas zonas temperadas e polares. As augas superficiais son máis salgadas porque a evaporación fai que a concentración de sal aumente. O contido salino de moitos [[lago]]s, ríos ou regos é tan pequeno que a esas augas se lles chama ''[[auga doce]]''. O contido de sal na auga potable é, por definición, menor a 0,05%. Senón, a auga é sinalada como salobre, ou definida como salina se contén de 3 a 5% de sal en volume. Por riba do 5% considérase [[salmoira]]. O océano é naturalmente salino con aproximadamente 3,5% de sal. Algúns lagos ou mares son máis salinos: o [[Mar Morto]], por exemplo, ten un contido superficial de arredor do 15%.
 
O termo técnico de salinidade no océano é '''halinidade''', xa que se basea realmente nos [[Ión|iónsión]]s [[Haluro|haluroshaluro]]s; o ión [[cloruro]] é o [[anión]] máis abundante entre os elementos disoltos. En oceanografía, foi tradicional expresar a halinidade, non en porcentaxe, senón en partes por mil (ppt ou ‰), que é aproximadamente gramos de sal por litro de solución: g/L. Antes de 1978, a salinidade ou halinidade expresábase como ‰, baseándose na relación de [[condutividade eléctrica]] da mostra de "[[auga de Copenhague]]" (un medio acuoso "auga de mar" artificial, feito para servir como "estándar"). En 1978, os [[Oceanografía|oceanógrafos]] redefinen a salinidade en [[Unidades Prácticas de Salinidade]] (psu): relación de condutividade dunha mostra de auga de mar cunha solución estándar de KCl. Como as relacións non teñen unidades, pero non é o caso aquí xa que 35 psu exactamente equivale a 35 g de sal por L de solución.
 
Aínda que parecese exotérica e escura esta maneira de medir concentracións, é moi práctica; pero será preciso lembrar que a salinidade é a suma en peso de moitos e diferentes elementos dentro dun [[Volume (física)|volume]] dado de auga. Unha determinación precisa de salinidade non só como concentración de [[soluto]]s, é coñecer a cantidade de cada substancia (como por ex., o cloruro de sodio) que require de [[química analítica]], fronte a unha simple determinación de peso do residuo seco logo de [[Evaporación|evaporar]] a mostra (un método de determinar "salinidade"). O volume é influenciado pola [[temperatura]] da auga; e a composición dos sales non é constante (aínda que é moi semellante, en capas semellantes, nos océanos). As augas salinas dos [[mar]]es interiores poden ter unha composición diferente da dos océanos. Por esta razón, estas augas son denominadas salinas, diferenciándose das oceánicas, onde se aplica o termo halina.