En [[Galicia]] era tradición, que xa viña da época sueva<ref>José Eduardo López Pereira (1996) ''Cultura, relixión e supersticións na Galicia sueva: Martiño de Braga, "De correctione rusticorum"''. Universidade da Coruña, p. 65</ref>, colocar ramos de loureiro, benditos o domingo de Ramos, nos balcóns ou nas portas. Tamén se colocaban na testeira do leito onde xacía un enfermo, ou mesmo nas cortes do gando. E contra dos raios tamén se botaba o loureiro bendito ao lume<ref>Ramón Otero Pedrayo (1962). ''Historia de Galicia''. Vol I. Akal, p. 278</ref>.