Constitución española de 1812: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 30:
Perante o avanzar das forzas francesas, os traballos das Cortes volveron a deslocarse para [[Cádiz]], promulgándose a Constitución no Oratorio de San Felipe Neri daquela cidade no día [[19 de marzo]] de [[1812]], día de [[Xosé de Nazaret|San Xosé]]. Aquela coincidencia de datas levou a que a Constitución recibise o alcuño de ''La Pepa'', o diminutivo cariñoso de ''Josefa'', alcuño que durante moitos anos foi utilizado como grito revolucionario polos seus defensores.
 
As Cortes ratificaron case de inmediato os principios fundamentais polos cales se guiaría a elaboración da Constitución: a [[Soberanía nacional|soberanía nacional]], afirmando que a soberanía reside no pobo e non no rei; a lexitimidade dinástica de Fernando VII de España como xefe de Estado; a [[Separación de poderes|separación de poderes]], coa independencia e inamobibilidade dos xuíces; e a inviolabilidade dos deputados no exercicio do seu mandato. O traballo das Cortes foi arduo e rápido, aprobando un texto constitucional de grande complexidade (son 384 artigos, unha das máis longas Constitucións de sempre), nun período moi curto.
 
A Constitución de Cádiz non foi un acto revolucionario, nin mesmo unha ruptura co pasado. Desde a legalidade do momento, determinando coidadosamente quen eran os lexítimos representantes do pobo, todo foi obxecto de discusión e acordo. Comezaron os actos do día da abertura con procesión cívica, misa e unha exhortación, proferida polo Presidente da Rexencia, o [[bispo]] de [[Ourense]], [[Pedro de Quevedo y Quintano]], aos deputados reunidos para que cumprisen fiel e eficientemente as súas obrigacións.