Diferenzas entre revisións de «Osteoblasto»

sen resumo de edición
Os '''osteoblastos''' (do grego "[[óso]]" e "xerme" ou "embrionario") son as células encargadas da formación do óso, que se poden considerar como [[fibroblasto]]s especializados que ademais dos produtos fibroblásticos, expresan [[sialoproteína ósea|sialoproteínas óseas]] e [[osteocalcina]].<ref name="Salentijn">Salentijn, L. ''Biology of Mineralized Tissues: Cartilage and Bone'', [[Columbia University College of Dental Medicine]] post-graduate dental lecture series, 2007</ref>
 
Os osteoblastos producen a [[matriz extracelular]] do tecido óseo (osteoide), que está composta principalmente de [[coláxeno]] de tipo I. Os osteoblastos son tamén responsables da mineralización desta matriz. O [[cinc]], o [[cobre]] e o [[sodio]] son algúns dos ións minerais que se requiren neste proceso. O óso é un tecido dinámico que está constantemente sendo remodelado polos osteoblastos, encargados da produción da matriz e a parte mineral do tecido, e polos [[osteoclasto]]s, que destrúen parte do tecido durante a remodelación. Os osteoblastos tenden a decrecer en número coa idade, o que afecta ao balance entre a formación e a [[resorción ósea|reabsorción]] do [[tecido óseo]].<ref name=Dippolito1999>{{Cita publicación periódica|author = D’ippolito, Gianluca|autor2= Schiller, Paul C.; Ricordi, Camillo; Roos, Bernard A.; Howard, Guy A.|year = 1999|title = Age-Related Osteogenic Potential of Mesenchymal Stromal Stem Cells from Human Vertebral Bone Marrow|journal = Journal of Bone and Mineral Research|volume = 14|issue = 7|pages = 1115–1122|doi = 10.1359/jbmr.1999.14.7.1115|pmid = 10404011}}</ref>
 
== Osteoxénese ==
190.202

edicións