Estoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
Son usados para o intercambio gasoso co medio. O [[osíxeno molecular|osíxeno]] e [[dióxido de carbono]] son intercambiados co ambiente a través destes poros. A adquisición de dióxido de carbono e o intercambio de osíxeno son fundamentais para que se desenvolvan os procesos de [[fotosíntese]] e [[Respiración vexetal|respiración das plantas]]. Con todo, a súa apertura tamén provoca a perda de auga da planta en forma de [[vapor]] a través do proceso denominado [[Transpiración vexetal|transpiración]].
 
Por isto, a apertura ou peche dos estomas está moi finamente regulada na planta por factores ambientais como a [[luz]], a concentración de dióxido de carbono ou a dispoñibilidade de auga. Segundo investigacións, coñécese que algúns catións como o [[potasio]] e [[calcio]] e [[anión]]s como o [[cloruro]] interveñen activamente na apertura e peche dos estomas. En casos de [[seca]] (tensión hídrico) péchanse os estomas impedindo perdas de auga na planta, o cal, con todo, tamén imposibilita o intercambio de gases e, en consecuencia, a entrada de CO2CO<sub>2</sub> atmosférico necesaria para a [[nutrición]] das plantas mediante o proceso de fotosíntese. É por iso que en rexións [[xerófila]]s, os estomas frecuentemente son pequenos ou case inexistentes, e ademais, conteñen cantidades apreciables de [[cera]]s, [[pelo]]s e [[tricoma]]s, que dificultan a saída do [[vapor de auga]].
 
== Formación e orixe celular ==