Manuel García Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen notas}}
{{Escritor
|nome = Manuel García Barros
Liña 13 ⟶ 14:
Xa en 1903, cando estaba a realizar o [[servizo militar]] en [[Vigo]], comezou a colaborar en revistas e a tomar contacto cos movementos culturais de Vigo, moi especialmente co teatro. No ano [[1907]], e por mor do seu labor como director do xornal ''[[El Estradense]]'', pasou por primeira vez pola cadea, feito que se volveu a repetir no ano seguinte.
 
Os seus contactos e simpatía cos [[agrarismo|movementos agrarios]] de comezos de século son moi salientábeis así coma cos membros das [[Irmandades da Fala]] e posteriormente co [[Grupo Nós]], moi especialmente co seu grande amigo e soporte cultural [[Ramón Otero Pedrayo]]. Xa a partir do [[1920]], pasou a ser un persoeiro recoñecido nas nosas letras galegas e no [[Galeguismo (política)|galeguismo]], canto máis ao ser un dos “alma máter” do xornal ''[[El Emigrado]]'', que foi o xornal de maior duración da Estrada ata hoxe, e no que colaborou con todo tipo de traballos. Neste último xornal escribía unha sección, baixo o nome de ''Rexoubas'', na que promoveu unha afamada campaña contra o [[caciquismo]].
 
No ano [[1927]] aprobou as oposicións de Mestre Nacional, indo no seu primeiro destino a [[Pepín, Castrelo do Val|Pepín]] ([[Castrelo do Val]]). O [[Alzamento Nacional|levantamento militar]] supúxolle a suspensión de emprego e soldo, cando xa fora trasladado a unha parroquia da beira ([[San Pedro de Ancorados, A Estrada|San Pedro de Ancorados]]). Este emprego non lle foi xamais restituído. Na súa casa de Callobre agocháronse [[Ramiro Alfonso Castro Dono]] e [[José María Sánchez Brea]].
[[Ficheiro:Manuel_García_Barros.jpg|miniatura|]]
 
No ano [[1955]] foi levado de novo ao [[cárcere]], xunto con [[Francisco Fernández del Riego]] e Domingo Lemos Suárez, no seu caso simplemente por lle atoparen unhas revistas (''Bohemias'') que lle mandaran dende [[Cuba]].
 
No ano [[1957]] foi nomeado membro correspondente da [[Real Academia Galega]].<ref>[https://academia.gal/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=listNoAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=G Membros correspondentes] RAG.</ref>
 
== Obra ==
 
Os seus primeiros escritos xa saíron da súa pluma a finais do [[século XIX]], sendo nestes comezos case en exclusiva poemas, que apareceron publicados por separado nos máis variados medios.
 
O seu primeiro artigo coñecido publicouse en ''[[Luz y Sombra (Vigo)|Luz y Sombra]]'' de Vigo no ano [[1898]]. A partir de aquí é destacable o seu labor xornalístico, especialmente no semanario ''[[El Estradense]]'', unha publicación agrícola-social que se comezou a publicar no [[1906]] e no que participou con artigos, relatos curtos etc. e do que foi o seu director. O periódico deixou de se publicar en [[1909]]. Tamén publicou colaboracións poéticas e literarias en ''[[Eco de La Estrada]]''.
[[Ficheiro:Biblioteca Galega 120; 6, 9, 10, 11, 15, 16, 21, 22, 23.JPG|miniatura|''[[Contiños da terra]]'', de García Barros, é o v. 21 da [[Biblioteca Galega 120]].]]
No ano [[1920]] creouse o xornal ''[[El Emigrado]]'', publicación financiada polos ''Hijos del Ayuntamiento de La Estrada'', de [[Cuba]]. Neste xornal comezou a publicar periodicamente os seus “Contiños da terra” e comezou a ser recoñecido e respectado no ámbito cultural galego e no movemento galeguista. No ano [[1924]], o seu conto ''O fútbol en Malpocados'' foi premiado nos Xogos Florais de Santiago. Dous anos máis tarde púxose en escena a súa pequena peza teatral ''Carta da Habana'' (publicada na ''[[Céltiga (revista)|Revista Céltiga]]'', [[Edicións Fervenza]], 2002). No [[1929]], o seu longo traballo ''Falemos na nosa fala'' gañou o Certame Literario de Exaltación da Muller Galega (Pontevedra). Posteriormente recolleu os contos e relatos breves que fora sacando en ''El Emigrado'', e publicounos so o título ''[[Contiños da terra]]'' (Nós, 1930; Hnos. Caporaletti, 1952; [[Biblioteca das Letras Galegas]], [[Edicións Xerais de Galicia]], 1999; [[Biblioteca Galega 120]], ''[[La Voz de Galicia]]'', 2002). Xa en vida non viu publicadas máis obras, a pesar de pasar toda a vida escribindo.
 
No ano do seu pasamento, meses despois, saíu á rúa ''[[As aventuras de Alberte Quiñoi]]'' (Colección Pombal, [[Edicións Castrelos]], 1972; [[Editorial Vía Láctea]], 1990), a pesar de que xa fora finalista nun concurso literario convocado polo [[Centro Galego de Buenos Aires]] no 1949.<ref name="VILAVEDRA3">{{Cita libro |apelidos-editor={{Versaleta|Vilavedra}} |nome-editor=Dolores |máscara-editor= |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=2000 |título=Diccionario da Literatura Galega. Obras |volume=III |url=https://books.google.es/books?id=dRYGIwW4kFkC&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false |páxina= |editorial=Galaxia |isbn=84-8288-365-8 |ref=harv }}</ref> Máis tarde publicáronse a súas obras ''Enredos'' ([[Editorial Galaxia]], 2000), ''Fiunchos'' (2001) e ''Dos meus recordos'' (Editorial Galaxia, 2001), esta última de corte autobiográfico. En 2019 apareceu ''A pluma insubmisa. Ensaios inéditos'', tres ensaios inéditos escritos entre 1939 e 1945 e asinados como Fulgencio Tizón.<ref>{{Cita web|título=A pluma insubmisa. Ensaios inéditos|url=http://editorialgalaxia.gal/produto/pluma-insubmisa-ensaios-ineditos/|páxina-web=Editorial Galaxia|data-acceso=2019-2/10-02|lingua=gl-ES/2019 }}</ref>
 
Toda a súa obra está escrita en galego, excepto un artigo: ''Divagaciones sobre lo discutible y lo indiscutible'', no que se manifestaba contra a [[guerra]] e o fanatismo relixioso.
 
== Recoñecementos ==
 
O Concello da Estrada adicou o ano [[1997]] á lembranza da súa memoria. ActualmenteUn noI.E.S. Concellodo daconcello Estradaleva sitúase un centro de estudos coo seu nome.<ref>[http://www.edu.xunta.es/centros/iesmanuelgarciabarros/ I.E.S. Manuel García Barros]</ref>
 
== Galería de imaxes ==
Liña 47 ⟶ 48:
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
{{Refempeza}}
* {{Cita libro |título= Manuel García Barros. Loitando sempre|nome= Xoán Carlos|apelidos= Garrido Couceiro|ligazónautor= Xoán Carlos Garrido Couceiro|ano= 1995|editorial= Fouce|lugar= Lugo|isbn= 84-605-4289-0|url=http://www.tabeirosmontes.com/uploads/1/9/6/2/19629509/loitando_sempre.pdf}}
{{Reftermina}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://centros.edu.xunta.es/iesmanuelgarciabarros/files/u1/Manuel_Garc__a_Barros.pdf Artigo sobre Manuel G. Barros].