Universo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Liña 78:
Os [[Grecia antiga|antigos gregos]] tamén contribuíron ao coñecemento do universo, recoñecendo a esfericidade da Terra, clasificando as [[estrela (astronomía)|estrelas]] pola súa magnitude etc. A partir do século VI a.C., dúas escolas de [[filosofía]] propuxeron concepcións diferentes do cosmos, aínda que con unha importante coincidencia: ambas postulaban unha orde intelixíbel e racional que permite describir e predicir os acontecementos celestes mediante a observación e o cálculo. A [[escola pitagórica]] explicaba o universo segundo un modelo matemático baseado na harmonía dos números. Pola súa parte, a [[escola platónica]] consideraba os [[Obxecto astronómico|corpos celestes]] como entes obrigados a describir movementos circulares, o que permitía medir as súas [[Translación (movemento)|translacións]].
 
[[Aristóteles]] (Estaxira, 384 a.C. - Calcis, 322 a.C.), discípulo de [[Platón]], estableceu solidamente o ''[[Xeocentrismo|modelo xeocentrista]]'' ao definir a forma do cosmos como unha serie de esferas concéntricas xirando ao redor da Terra. Este sistema non explicaba diferentes feitos, como as distancias fixas de [[Venus]] e [[Mercurio (planeta)|Mercurio]] con respecto ao Sol, pero polo menos daba aos acontecementos celestes unha explicación racional nos que a intervención divina se daba só na orixe e na final, non no transcurso. Baseándose neste sistema, [[Hiparco]] elaborou, no século II a.C., un catálogo de 850 astros e amosou que a Terra non estaba no centro xeométrico do universo, senón que era excéntrica respecto del.
 
[[Ficheiro:Ptolemaic system 2 (PSF).png|miniatura|300px|Modelo ptolomeico.]]