Luis Argudín Bolívar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 6:
[[Ficheiro:Fonte Luísa.jpg|miniatura|Fonte Luísa.]]
Foi alcalde da Coruña en tres etapas diferentes: do [[1 de xullo]] de 1895 ao 1 de xullo de 1897, do [[9 de abril]] de 1900 ao [[9 de xaneiro]] de 1901 e do [[31 de decembro]] de 1902 ao [[13 de decembro]] de 1903. Como rexedor participou en obras de modernización da cidade, como a traída de augas, a nova rede de sumidoiros, a construción do Pazo Municipal e o Lazareto de Oza. Preocupado polo desenvolvemento e a aparencia da cidade chegou a pagar do seu peto a Fonte Luísa, situada na praza da rúa que leva o seu nome, e chamada así na súa honra. Colaborou coa Cámara de Comercio, Obras del Puerto, e foi presidente do Sporting Club Casino e da Reunión Recreativa de Artesanos.
 
O 17 de febreiro de 1903, o xornalista [[Alfredo Tella]] na súa crónica de [[El Noroeste (1896)|El Noroeste]] fixo un comentario sarcástico sobre os mozos que se vestían de "madamas" no [[Entroido]], solicitando que o alcalde tomase medidas para evitar equívocos aos curtos de vista. Ao día seguinte, Argudín Bolívar publicou o bando de entroido, cun artigo no que prohibía que os homes se disfrazaran de muller. [[La Voz de Galicia]] ironizou con que a medida prexudicara aos homes, e non ao revés. Ao ano seguinte, o sucesor no cargo de Luis Argudín Bolívar, [[Francisco Mariño García|Francisco Mariño]], prohibiu tamén que as mulleres se disfrazaran de home.<ref>{{cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2017/03/06/prohibido-vestirse-mujertim-behrens-poeta-pintor/0003_201703H6C5994.htm|título=Prohibido vestirse de mujer|data=6-3-2017|páxina-web=La Voz de Galicia|lingua=es|data-acceso=08-04-2020|}}</ref>
 
{{Start box}}