Luou, Teo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
Vestixios dos antergos son: Os petroglifos de Loureiro, a Eira dos Mouros próxima a Loureiro e a Mamoa de Trasellas. Tamen teñen un valor estimable varios cruceiros espallados pola parroquia.
A Igrexa está edificada onde estivo a Capela de Santa Margarita, despois de que fora trasladada desde Loureiro. Segundo se conta, dada a pouca capacidade cura e veciños acordaron construir unha nova, ano 1788. A igrexa actual de Santa Maria de Luou data do segundo tercio do século XIX. A torre foi construida por los mestres canteiros Francisco Casal e Juan Casal. Este tamen construeu a igrexa de Bamonde e a capela de Santa Eufemia de Oza ambalas duas tamén no concello de Teo.
É destacable polo seu valor histórico o edificio sito na aldea da Igrexa que se coñece co nome de "Sindicato de Agricultores y Ganaderos de Luou". Edicicio construido entre os anos 1905 e 2005 a expensas dos emigrados en América. Posteriormente e enmarcado na " Red Nacional de Teleclubs" no tempo do ministro Fraga iniciou a súa actividade o Teleclub de Luou aló polo ano 1968. O Teleclub desenrolou actividade perante varios anos nos que cabe destacar a emisión da revista cultural "Noso Tempo". Posteriormente esmoreceu ata que polo ano ano 1982 nace a "Comisión cultural de Luou" sendo esta o xérmolo da actual " Asociación Cultural A Mamoa" que desenrola unha intensa actividade na dinamización da actividade cultural da parroquia.
Na parroquia de Luou celébranse seis festas anuales: 22 de maio, Santa Rita; 20 de Xullo, importante romería de Santa Margarida con moitos devotos nas zonas de Padrón e Rianxo e a que a mesma Rosalia Castro lle ten dedicados uns versos; 15,16 e 17 de Agosto, as festras patronales e o 24 de Agosto, San Beertolameu.
 
==Galería de imaxes==