Forges: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Traxectoria: referencia
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Fillo do galego da [[A Fonsagrada|Fonsagrada]] [[Antonio Fraguas Saavedra]] e a catalá Ascensión de Pablo, pasou a súa infancia nunha ampla familia na que era o segundo de nove irmáns. Foi un mal estudante, pero un gran lector de [[Richmal Crompton]] e os seus libros sobre [[Charlie Brown]]. Cursou estudos de Enxeñería de Telecomunicación e Ciencias Sociais.

En [[1956]], con só 14 anos, comeza a traballar como técnico de telecine en [[TVE|Televisión Española]] e como mesturador de imaxe desde [[1962]]. Abandonou o cadro de persoal de [[TVE]] sendo Coordinador de Estudo en [[1973]] para dedicarse profesionalmente ó humorismo gráfico. Publicara o seu primeiro debuxo en [[1964]] no diario ''[[Pueblo]]'',<ref name=":0" /> da man de [[Jesús Hermida]], e logo pasou a ''Informaciones''. [[Jesús de la Serna]] encomendoulle o chiste editorial; en [[1970]] comenza a colaborar en ''[[Diez Minutos]]'' e traballa nas revistas de humor ''[[Hermano Lobo]]'' e ''[[Por Favor]]''. Fixo o servizo militar como furriel de artillería, casou e tivo tres fillas e un fillo. Publicou o chiste editorial en ''Diario 16'' e posteriormente en ''[[El Mundo]]'', pero deixou este xornal, do que fora un dos fundadores, e pasou a asinar o chiste editorial de ''[[El País]]''. Ademais posuía seccións de humor gráfico nas revistas ''[[Lecturas]]'', ''[[Jano]], [[Interviú]]'' e ''[[El Jueves]]''.
 
Dirixiu dúas películas (''País S.A.'', [[1975]], e ''El Bengador Gusticiero y su pastelera madre'', 1977) e 4 series de humor en televisión, ''El Muliñandupelicascarabajo'' ([[1968]]), ''Nosotros'' ([[1969]]) e ''24 horas aquí'' ([[1976]]), en [[TVE]]; e ''Deforme semanal'' ([[1991]]), en [[Telemadrid]] co seu irmán [[José María Fraguas]]. Na radio participou en programas como ''[[Protagonistas]]'', ''[[La Ventana]]'' e ''[[No es un día cualquiera]]'', de RNE, con [[Pepa Fernández]], e en ''La Ventana'', de [[Gemma Nierga]], na [[Cadena SER]].
 
En 2012, e a proposta do claustro académico da [[Universidade de Alcalá|Universidade de Alcalá de Henares]], foi nomeado Director Técnico do [[Instituto Quevedo do Humor]], primeiro centro específico universitario fundado en España de estudos sobre o humor en tódalas súas facetas. En 2014, presentou e dirixiu o programa de televisión ''Pecadores impequeibols'' en [[La 2]] de TVE.
 
Como humorista, utilizou uns bocadillos moi persoais de grosa liña negra e unha refinada linguaxe extraída directamente da rúa. "Inventor" de palabras e modismos léxicos, (''bocata, firulillo, esborcio, jobreído'' etc.), é un dos poucos humoristas cun oído sensible á linguaxe popular. Na súa obra ocupan un lugar fundamental o costumismo e a crítica social. O seu forte é a visión crítica das situacións da vida cotiá; creou toda unha extensa iconografía de personaxes e situacións cómicas que reflicten a idiosincrasia e a socioloxía da España contemporánea. Mariano, un burgués frustrado casado cunha gordísima muller chamada Concha, que representa á represiva conciencia; os náufragos nunha illa aburrida que teñen que combater a soidade cunha hipertrofia da fantasía; os Blasillos que representan a España rural e eterna; as vellas que conxugan informática e paletez; os oficinistas cabreados; o matrimonio sepultado nunha cama inmensa o ''yuppi'' americanizado e idiota; o niñato "pijo" e imbécil; o alienado polo fútbol, o oficinista cabreado e subversivo, o descolgado que pecha bares, o pretensor de portela, o enclaustrado no búnker etc... En 1976, Luis Eduardo Aute e outros cantautores gravaron un disco titulado ''Forgesound'' ([[Ariola]]) no que con diversos ritmos ([[chotis]], [[pasodobre]], [[chachachá]] ou [[xota]]), en cada tema, homenxean aos personaxes máis característicos de Forges empregándoos como vehículos para a crítica e a caracerización da España do momento.<ref>{{Cita web|url=https://www.efeeme.com/forgesound-de-luis-eduardo-aute-y-otros/|páxina-web=efeeme.com|título="Forgesound" de Luis Eduardo Aute y otros|data-acceso=8-4-2020|apelidos=Puchades|nome=Juan|data-publicación=23-12-2017}}</ref>
 
Unha parte substancial da súa obra constitúena os álbums sobre Historia de España en cómic e sobre informática para torpes. Afirmaba que en España non é necesaria a inspiración para ser humorista.
 
Morreu en Madrid o 22 de febreiro de 2018 a consecuencia do [[cancro de páncreas]] que padecía.
 
== Galardóns ==