Euloxio R. Ruibal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
En [[1973]] gañou con ''Zardigot'' o Premio Abrente de teatro, e en [[1975]] volveu a conseguir o mesmo galardón con ''O Cabodano''. De [[1973]] é a súa obra de teatro infantil ''O roubo do aparello'', coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa ''A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida''. En [[1976]] publica as obras ''O cabodano'', ''Cousas da morte'' e ''A sombra do bon cabaleiro'' nun único volume. Mais entre [[1977]] e [[1987]], por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Volvería a facelo en [[1988]], mais só teatro infantil ata [[1989]], data en que publica ''Azos de esguello'' (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De [[1990]] data a súa obra ''Unha macana de dote''. En [[2003]] publicou o ensaio ''Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego''
 
Foi presidente da [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]] e director das galerías de arte Torque e Citánia. Foi elixido membro da [[Real Academia Galega]] en marzo de [[2005]], e foi Arquiveiro-bibliotecario da institución entre 2010 e 2013. Actualmente, éFoi profesor na [[Universidade de Santiago de Compostela]] até a súa xubilación.
 
{{Start box}}