Benito Soto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
referencia
engadido dato
Liña 15:
''el 13 de febrero de 1828 avistó al Morning Star que volvia a Inglaterra procedente de Ceilán''<ref>Philip Gosse, Los piratas del oeste, los piratas de oriente, Editorial Austral, páxina 115 </ref>
 
Segundo as fontes que sitúan o asalto o [[21 de febreiro]] de [[1832]] nas costas do occidente africano, ese sería probabelmente o derradeiro. Outros estudosos entenden que o asalto se produciu ao norte de [[Fisterra]], o [[13 de febreiro]] de [[1828]]<ref>[http://books.google.co.uk/books?id=QznCAoq_TPAC Histoire de la piraterie], Robert de La Croix, Ancre de Marine Editions, [[1995]], páx. 357-63</ref>. Outros porén, sitúano ao comezo da súa traxectoria, contra 1824. Nesta segunda e terceira hipótese continuarían abordando a [[fragata (buque)|fragata]] [[Estados Unidos de América|norteamericana]] ''Topaz'' que proviña de [[Calcuta]], onde saquearon, mataron a parte da pasaxe e incendiaron a nave. Daquela poría proa ás illas de [[Cabo Verde]], onde abordaron un segundo bergantín [[Inglaterra|inglés]], que tamén afundiron e oito días despois, preto das [[Canarias]] asaltaron a fragata inglesa ''Sumbury'', que viaxaba a [[Saint Thomas]], e aniquilaron a tripulación. Nas [[Azores]] Soto abordou de maneira sanguenta un buque portugués procedente do Río de Xaneiro e despois o tamén portugués ''Cessnok'' e o bergantín inglés ''New Prospect''.<ref>{14} According to the confession of these men, they plundered several other ships: viz. the Cessnock, Sunbury, New Prospect, and a Portuguese vessel; but, full of booty, their murderous propensities seem to have abated, and they contented themselves with the plunder and ill-treatment of the officers and crews., A Narrative of the Atrocities Committed by the Crew of the Piratical Brig "El Defensor De Pedro"; https://web.archive.org/web/20071216194730/http://www.history.unimelb.edu.au/tajir/pirateresources/documents/defensor/narrative.htm</ref>. Tamén se refire o ataque ao portugués Ermelinda
 
En todo caso, parece claro que a súa zona de operación foi o espazo de [[océano Atlántico]] comprendido entre o [[golfo da Guinea]], as costas de Brasil e a fachada atlántica da [[Península Ibérica]]. Esta era unha área cun importante tráfico económico, en parte debido ao transporte e comercialización de escravos negros, dos que se beneficiaban [[Portugal]], [[España]] e [[Francia]], pero que o [[Reino Unido]] abandonara en [[1807]], e en parte debido ao comercio de ouro, [[especie]]s e outros materiais máis ou menos de luxo coa [[India]] e os países do sueste asiático.