Roscón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎A rosca de Pascua: Corrixín un erro léxico, adoitar por soer*
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
→‎A rosca de Reis: Corrixín a concordancia de xénero "orixe ligada"
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 32:
É unha tradición moi común en toda Europa Occidental, especialmente nos países tradicionalmente católicos, e por extensión, en Hispanoamérica. Cómese no [[día de Reis]] e consiste na mesma receita que o roscón tradicional ou de Pascua, no que se lle engaden no interior da masa figuriñas (as máis das veces da Virxe e San Xosé, e unha faba, sinal de má sorte, ou da obriga de pagar a rosca).<ref name="concuchilloytenedor.es"/>
 
A súa orixe semella estar ligadoligada coas [[Saturnalia (festividade romana)|saturnais romanas]], festas dedicadas ao deus [[Saturno (deus)|Saturno]] co obxecto de que o pobo romano en xeral puidese celebrar os días máis longos que empezaban a vir tras o [[solsticio de invierno]]. Para estes festexos, elaborábanse unhas tortas redondas con [[figo]]s, [[dátil]]es e [[mel]], que se partillaban por igual entre os plebeos e escravos. Xa no [[século III]], no interior da rosca metíase a faba seca, e o afortunado ao que lle tocaba era nomeado ''rei de reis'' durante un curto período de tempo establecido de antemán. Dende os romanos existen xogos da faba na península ibérica.
 
Julio Caro Baroja recolle na súa obra "El Carnaval" dúas testemuñas do século XII sobre a Rosca de Reis; o primeiro corresponde ao Reino de Navarra, a segunda corresponde a Ben Quzman, poeta andalusí, que nas súas Cantigas describe unha tradición semellante cunha torta (''hallón'', vocábulo que permanece en Granada) no ano novo que contiña unha moeda.