L'Orfeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 175:
== Recepción e historia das representacións ==
=== Estrea e primeiras representacións ===
[[Ficheiro:Mantua2 BMK.jpg|miniatura|O [[Palacio Ducal de Mantua]], onde se estreoestreou ''L'Orfeo'' en 1607]]
A data da primeira representación de ''L'Orfeo'', o 24 de febreiro de 1607, evidénciase en dúas cartas, ambas datadas o 23 de febreiro. Na primeira, Francesco Gonzaga informa ao seu irmán de que o "drama musical" se representaría o día seguinte; da correspondencia anterior está claro que refírese a ''L'Orfeo''. A segunda carta é dun oficial da corte de Gonzaga, Carlo Magno, e dá máis detalles: "Mañán pola noite o Serenísimo Señor o Príncipe patrocina unha [obra] nunha sala nos apartamentos que a Serenísima Señora tiña o uso para ...debe ser moi infrecuente, xa que todos os actores deben cantar as súas partes."{{Harvnp|Fenlon|1986b|pp=167–172}} A "Serenísima Señora" é a irmá viúva do Duque Vincenzo, [[Margarida Gonzaga d'Este]], que vivía dentro do [[Palacio Ducal de Mantua|Palacio Ducal]]. A sala da estrea non foi identificada con certeza; segundo Ringer puido ter sido a Galleria dei Fiumi, que ten as dimensións para acoller un escenario e unha orquestra cunha audiencia pequena.{{Harvnp|Ringer|2006|p=36}}