Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎De nada
Sen resumo de edición
Liña 213:
 
Grazas a ti. Sempre souben que a xente que andamos por estes lugares temos máis cousas en común que diferencias. É unha mágoa que semelle que a situación non teña reversión. Supoño que moitos nos sentimos "Asesinados por el Cielo" (moi boa tamén) e xa non lle vexo maneira de que "Bailemos un pequeno vals vienés"... e iso que estamos todos aquí polo mesmo. Como non se solucione cunha gran xuntanza Galipedista, quizais podias facer algo, alugar un bo castelo por esas terras e nós aforrariamos para a viaxe e pagharche uns cacharros. Como alternativa máis modesta unha churrascada en Lansbricae (non me atrevo a dicir que poño eu a carne jeje) ;) Saúdos.
 
== Correccións ==
 
Oíches? Pódeslle botar un ollo a estes dous artigos?:
*1º [[Fonética]] (corrixín este artigo que non era plenamente normativo co VOLGA pero quedei con algunhas dúbidas e pensei que se tes un pouco de tempo poderías botarlle un ollo. Hai un uso indiscriminado do <como> á portuguesa onde debería haber algún que outro <coma>. Eu non sei facer esa distinción exacta en galego entre <como> e <coma>. Podes rematar de corrixir o texto? ;)
*2º [[Historia do Reino Unido]] (este artigo comecei a traducilo eu dende a wiki en inglés pero tamén teño un mal uso do <coma> e o <como>. Corríxesmo?
 
Que Deus cho pague! ;)