Wikipedia:A Taberna (propostas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m mención
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 106:
:::Grazas polo traballo, [[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]]. Todo OK. Para estes casos concretos de modificacións nos modelos Benvida e Benvida IP parece que si existe consenso. Por outra banda, aproveito para lembrar que no seu momento discutiramos por extenso o uso do xenérico e que, dúas votacións mediante, a escolla maioritaría foi non sancionalo (insisto, non é o caso destas modificacións): (1) [https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns/Cambio_de_nome_de_categor%C3%ADas_de_personalidades_e_creaci%C3%B3n_de_categor%C3%ADas_por_sexo#Cambio_dos_nomes_de_categor%C3%ADas_que_usan_masculino_xen%C3%A9rico Votación para o cambio dos nomes de categorías que usan masculino xenérico]. (2) [https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns/Cambio_de_nome_de_categor%C3%ADas_de_personalidades_e_creaci%C3%B3n_de_categor%C3%ADas_por_sexo#Creaci%C3%B3n_de_categor%C3%ADas_por_sexo Votación para a creación de categorías por sexo]. E velaquí a principal discusión previa (ramificada en parte noutras páxinas de conversa): [https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_(propostas)/Arquivo_32#Wikiproxecto_de_mulleres_linguaxe_non_sexista Linguaxe non sexista]. Saúdos. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 6 de abril de 2020 ás 10:50 (UTC)
:Grazas,[[Usuario:Atobar|Atobar]]. Está moi ben que estean a man. Como indiquei na conversa dos modelos, ou nos resumos, os xenéricos mantíñanse/mantivéronse. O que cambiei a maiores foi contactar con outros usuarios por con outras persoas; este cambio está aí no límite, pero viña expresado tamén na propia proposta que votou a xente no modelo: é por iso que volvín indicar que se hai discrepancias, e a pesar de que creo que tempo houbo abondo dende a primeira proposta (e escasa a participación), que se indiquen, máis que nada por este último cambio. Como ben dis, o máis coherente é consensuar un cambio máis global, pero entendo que esixe un esforzo que ao mellor, vista a participación, non apetece facer neste momento. Eu penso que este cambio no modelo é unha solución intermedia: nin quita nin pon, mantén a non duplicación e case todos os xenéricos orixinais e fíxeno de boa fe. Ademais creo que é unha mensaxe de benvida que trasmite mellor o concepto de comunidade que a anterior. Porén, se consideras que é un cambio desaconsellado están as conversas para indicalo. Saúdos.--[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 6 de abril de 2020 ás 11:19 (UTC)
:::: Sen problema ningún. Para min o cambio é procedente. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 6 de abril de 2020 ás 11:53 (UTC)
 
==EuTraduzoNaCasa==