Domingo de Ramos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Non ten que ser de oliveira, de feito en Galicia tradicionalmente era de loureiro. Pequeno apartado de tradicións, concretamente con datos de Galicia
Liña 1:
[[Ficheiro:Pollinica (7).JPG|miniatura|Procesión da Pollinica, en [[Málaga]]]]Para os [[cristianismo|cristiáns]], o '''Domingo de Ramos''' é o primeiro día da [[Semana Santa]], período en que conmemoran a Paixón, Morte e Resurrección de [[Xesús de Nazaret]]. Iníciase rememorando a Entrada de Xesús en [[Xerusalén]]. A data de celebración varía cada ano, sempre na contorna dos meses de [[marzo]] e [[abril]].
 
A liturxia do Domingo de Ramos comeza coa bendición das palmas e ramas de [[oliveira]], [[loureiro]] ou doutra árbore ou planta semellante.
 
== Tradicións ==
En [[Galicia]] era tradición, que xa viña da época sueva<ref> José Eduardo López Pereira (1996) ''Cultura, relixión e supersticións na Galicia sueva: Martiño de Braga, "De correctione rusticorum"''. Universidade da Coruña, p. 65</ref>, colocar ramos de loureiro, benditos o domingo de Ramos, nos balcóns ou nas portas. Tamén se colocaban na testeira do leito onde xacía un enfermo,ou mesmo nas cortes do gando. E contra dos raios tamén se botaba o loureiro bendito ao lume<ref>Ramón Otero Pedrayo (1962). ''Historia de Galicia''. Vol I. Akal, p. 278</ref>.
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Días da Semana Santa}}