Baruch de Spinoza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
referencia para o nome en galego
{{cómpre referencia}}
Liña 6:
'''Baruch de Spinoza'''<ref>{{Diciopedia|Spinoza, Baruch de|3|1966}}</ref>, tamén coñecido como '''Benedictus de Espinoza''', '''Bento Spinoza''', '''Bento de Espinoza''', nado en [[Ámsterdan]] o [[24 de novembro]] de [[1632]] e finado na [[A Haia|Haia]] o [[21 de febreiro]] de [[1677]], foi un [[Filosofía|filósofo]] [[Países Baixos|neerlandés]], un dos grandes [[Racionalismo|racionalistas]] da filosofía moderna canda a [[René Descartes]] e [[Gottfried Wilhelm Leibniz]]. Está considerado o fundador da crítica [[Biblia|bíblica]] moderna.
== Traxectoria ==
Naceu no seo dunha familia de orixe [[Xudaísmo|xudía]] procedente de [[Portugal]]{{cómpre referencia}}. É coñecido polas súas posicións panteístas e o seu monismo neutro, e por escribir a súa ''[[Ética demostrada segundo a orde xeométrica|Ética]]'' baixo a forma de postulados e definicións, como se fose un tratado de [[xeometría]]. No verán de [[1656]], a comunidade xudía castigouno co chérem ou hérem (equivalente á excomuñón) polas súas afirmacións de que [[Deus]] é o mecanismo da natureza e do universo, que carece de personalidade, e a [[Biblia]] é un traballo metafórico e alegórico que se usou para ensinar a natureza de Deus, dúas proposicións baseadas nunha argumentación cartesiana. Despois da súa [[excomuñón]] adoptou o primeiro nome ''Benedictus'' (o equivalente en [[Lingua latina|latín]] ao seu nome orixinal, Baruch). Logo da edición do seu ''Tractatus Theologico-Politicus'' deixou de publicar ao non recibir críticas favorables ao seu tipo de cartesianismo. A ''Ética'' publicouse despois da súa morte, na ''Opera posthuma'' editada polos seus amigos.
 
== Filosofía ==