Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Arranxiño
Guise (conversa | contribucións)
Liña 298:
 
En dous días plantáronse en Saint-Denis (xusto diante da capital de Francia seguindo o curso do Senna) cun batallón. Desde alí querían lanzar os ataques contra as portas da fortificación parisina. Pero tiveron que esperar á chegada do rei para un ataque contundente e definitivo, que se fixo efectivo en Saint-Denis o [[7 de setembro]]. Así pois, ao día seguinte decidiuse atacar pola porta de [[Saint-Honoré]], que quedaba ao noroeste da cidade. A ofensiva resultou un fracaso dada a resistencia borgoñoa combinada coa xa anticipada tendencia tamén proborgoñoa dos seus habitantes. Ademais, Xoana foi ferida por unha frecha nunha coxa. Isto acelerou a decisión de que o rei estaba destinado a tomar: a retirada (efectiva o [[10 de setembro]]). Esta decisión era totalmente a contraria da que querería Xoana, que como nas outras batallas demostrara coraxe e valentía.
[[Ficheiro:JoanContemporaine parliamentafb ofjeanne parisd arc.jpgpng|miniatura|''Xoana no parlamento de París'' ([[1429]]), gravado de [[Clément de Fauquembergue]].]]
Xoana retornou a Saint-Denis o día 9, onde deu grazas a Deus polo feito de que non fose mortal. A partir daquel momento, o delfín, entón rei, tomou plenamente o control da situación no seo do seu exército e a súa corte, pasando a ser a figura máis influente nas decisións do mesmo; obviar as voces de Xoana que ata agora había ter en conta. Así pois, puxo freo e detivo a campaña militar, o que, a partir de aquí, supuxo un factor de tensión coa propia Xoana. Con aquela parada o rei francés non expresaba a intención de abandonar definitivamente a loita, senón que simplemente optaba por pensar e defender a opción de conquistala mediante a paz, tratados e outras oportunidades nun futuro. Precisamente esta é a vía que decidiu priorizar como máximo dirixente, a vía do pactismo.