Clarinete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Retiro o aviso de falta de ligazóns internas
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 26:
Este instrumento comprende unha gran familia con diversos compoñentes diferenciados entre si polo seu tamaño e polo seu ton. É a familia máis grande dentro do grupo dos instrumentos de [[Instrumento de vento-madeira|vento-madeira]], con máis dunha ducia de compoñentes, que van desde o infrecuente BBB ♭ octo-contrabaixo ao soprano A ♭ (clarinete piccolo). De todos eles, moitos son moi raros ou xa están en desuso, como por exemplo o BBB ♭ octo-contrabaixo, do que soamente existe un, e a música que se compón para clarinete case se reduce aos tipos máis comúns (E ♭, B ♭, A e BB ♭). Por asiduidade, a palabra clarinete fai referencia ao modelo máis común, o de B ♭, o clarinete soprano.
 
Á persoa que toca o clarinete chámaselle clarinetista. [[Johann Christoph Denner]] inventou o clarinete a mediados do [[Século XVIII|século XVIII]] na [[Alemaña]], mediante a adicción dunha chave de rexistro ao antigo [[chalumeau]]. A partir deste momento seguiu evolucionando, coa incorporación de máis chaves e outras melloras, para facilitar a interpretación e a capacidade virtuosística do instrumento. A día de hoxe, o clarinete úsase en grupos de [[jazz]], na [[Música clásica|interpretación clásica]], na [[música de cámara]] e como instrumento solista..
 
== Historia do clarinete ==