Andrés Torres Queiruga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
Ingresou como membro de número da [[Real Academia Galega]] en [[1980]] co discurso ''Nova aproximación a unha filosofía da saudade'', respondido por [[Ramón Piñeiro]]<ref>{{cita web|url=http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/85|título=Nova aproximación a unha filosofía da saudade|páxina-web=Real Academia Galega|data=20 de xuño de 1980}}</ref>. Membro tamén do [[Consello da Cultura Galega]], foi ademais un dos fundadores e director da revista de pensamento [[cristianismo|cristián]] ''[[Encrucillada]]''.
 
A súa obra divulgou a miúdo posturas discordantes co que postulaba a [[Igrexa católica]], en particular sobre os conceptos do [[Espírito Santo]] e a interacción de [[Deus]] sobre a creación. Esta visión discrepante levou a diversas tensións co goberno da Igrexa, e a que en [[2012]] a [[Comisión da Doutrina da Fe]] da [[Conferencia Episcopal Española]] o apercibise publicamente por "distorsionar elementos da fe da Igrexa" como "a clara distinción entre o mundo e o creador e a posibilidade de que Deus interveña na historia e no mundo alén das leis que el mesmo estableceu" ou a distinción entre "creación e salvación", así como "a necesidade da graza sobre natural para alcanzar o fin último do home"<ref>{{cita novas|url=http://praza.com/movementos-sociais/548/a-inquisicion-condena-a-torres-queiruga-por-distorsionar-a-fe-da-igrexa/|título=A Inquisición condena a Torres Queiruga por "distorsionar a fe da Igrexa"|autlrautor= Lombao, David|xornal=[[Praza Pública]]|data=31 de marzo de 2012}}</ref> Ante esta nota, a Real Academia Galega fixo público un comunicado expresando a súa protesta contra o que cualificaba de "''conculcación da liberdade de pensamento''" do intelectual galego.<ref>{{cita web|url=https://www.academia.gal/web/guest/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/comunicado-da-real-academia-galega|título=Comunicado da Academia en apoio de Torres Queiruga|páxina-web=Real Academia Galega|data=3 de abril de 2012}}</ref>
 
{{Start box}}