Wikipedia:A Taberna (políticas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 66:
 
{{Sen sangría|3}}A miña opinión, que baseo no pouco ou moito que coñezo este proxecto, é que a [[realidade]] aseméllase máis ao que acaba de expresar Miguel que ao que dixo Maghoi. Ou dito doutro xeito, para min, son moito maiores os prexuízos que causa o tradutor automático en mans dos editores noveis que os beneficios. A idea de que os demais usuarios revisamos e corriximos tódalas traducións automáticas (e tamén a idea de que se borran as non revisadas) non se corresponde coa realidade, é unha [[utopía]]. --[[Usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:90%;color:maroon;text-shadow:peru 1px 1px 1px;">. '''''HombreDHojalata'''''</span>.]]<sup>[[Conversa usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:86%;color:brown;">conversa</span>]]</sup> 2 de abril de 2020 ás 22:43 (UTC)
 
:{{Discordo}} absolutamente con negar o acceso a fermentas a editoras novas, {{concordo}} 100% con [[Usuario:MAGHOI|MAGHOI]] e non comparto en absoluto o argumento de [[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]], polo simple feito de que aquí non entra un volume de xente tan grande a editar como na Wikipedia en lingua inglesa (que teima temos de compararnos con quen non nos podemos comparar, cunha realidade radicalmente distinta á nosa, por certo), en todo caso eu son contrario a poñer a venda antes da ferida, se finalmente se ve que esta ferramenta (aplicada coa limitación a artigos novos) xera un traballo extra inasumible pola comunidade e que as editoras novas non mostran interese en mellorar e facer da ferramenta algo útil, sempre se está a tempo de dar marcha atrás, pero curtalo de entrada creo que non é unha opción. Creo que na situación na que se encontra a Galipedia actualmente o que interesa de verdade é que se incorpore xente e que a que se incorpore se manteña, porque eu teño demasiadas veces a impresión de ver os mesmos matro ou cinco nomes sempre que miro a páxina de "cambios recentes", e non hai nada peor que iso para este proxecto. Un saúdo, [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 2 de abril de 2020 ás 23:13 (UTC)