VGTRK: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
O 21 de xuño de 1990 o Congreso dos Deputados do Pobo da RSFS de Rusia adoptou unha resolución sobre os medios de comunicación da [[República Soviética Federativa Socialista de Rusia|república]] ordenándolle ao consello de ministros tomar as medidas necesarias para crear o Comité de Estado de Radio e a Televisión. O 14 de xullo de 1990 o Presídium do Soviet Supremo estableceu no seu canto a Compañía Estatal de Televisión e Radio Panrusa e designou como o seu primeiro presidente a Oleg Poptsov, antigo subdirector de ''Moskovskije Novosti''.
 
As primeiras emisións foron o [[10 de decembro]] de [[1990]]<ref>A. A. Sherelia (2000) ''Radiozhurnalistika''. Universidade de Moscova</ref> ao emitir Radio Rossii por algunhas horas ao día. O 13 de maio de 1991<ref>Ellen Propper Mickiewicz e James R Shepley (1999) ''Changing Channels: Television and the Struggle for Power in Russia''. Duke University Press, p. 97</ref> comezou a emitir programas televisivos na primeira segunda canle, baixo o nome de [[Rossija 1|RTR]], durante seis horas ao día en tres bloques. O 16 de setembro de 1991 ocupou as frecuencias que deixara libre a segunda canle da Televisión Central Soviética ao deixar de emitir.