Daniel Bernoulli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Sen resumo de edición
 
Liña 31:
 
Por desexo do seu pai estudou [[Medicina]] na [[Universidade de Basilea]], mentres que á vez, na súa casa, o seu irmán máis vello Nicolau e o seu pai ampliaban os seus coñecementos matemáticos. Daniel finalizou os estudos de Medicina en 1721. En principio tentou entrar como profesor na Universidade de Basilea, pero foi rexeitado.
[[Ficheiro:DanielbernoulliETH-BIB-Bernoulli, Daniel (1700-1782)-Portrait-Portr 10971.tif (cropped).jpg|esquerda|miniatura|268x268px|Daniel Bernoulli.]]
En 1723, gañou a competición anual que patrocinaba a [[Academia de Ciencias]] francesa. Ese mesmo ano, o matemático prusiano [[Christian Goldbach]], despois de quedar impresionado polo nivel matemático de Bernoulli, decidiu publicar a correspondencia que mantiveran. En 1724, as cartas publicadas estendéronse por todo o mundo, e [[Catarina I de Rusia]] propúxolle ser profesor da recentemente fundada Academia de Ciencias de [[San Petersburgo]]. O seu pai logrou que a oferta se ampliase tamén ao seu irmán [[Nicolau II Bernoulli|Nicolau]], que morrería de [[tuberculose]] en San Petersburgo en 1726. Na Academia, Daniel traballou na cátedra de [[Física]]. Permaneceu oito anos en [[San Petersburgo]] e o seu labor foi moi recoñecido. Durante ese tempo compartiu vivenda co tamén gran matemático [[Leonhard Euler]], que chegara á Academia recomendado polo propio Daniel e ao que xa coñecía por ser un avantaxado alumno do seu pai na Universidade de Basilea.