Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 283:
 
Un dos factores máis notorios da dinámica económica europea desde 1970 foi a materialización da unidade económica de boa parte de Europa. Así, a dinámica económica do continente estivo supeditada ao funcionamento da [[Unión Europea]]. Na actualidade, vinte estados europeos comparten unha mesma moeda, o [[euro]] (€). Outra das particularidades da economía europea é o feito de que varios estados de pouca extensión territorial, sen maiores recursos naturais e sen posuír costas, contan con economías prósperas e cun elevado nivel de vida. Tal é o caso de [[Andorra]], [[Luxemburgo]], [[Suíza]] ou [[Liechtenstein]], así como [[Mónaco]], aínda que este último posúe costas no [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]].
 
A dinámica da economía europea viuse afectada no últimos cincuenta anos por dous cambios importantes na economía mundial. O primeiro deles foi a [[globalización]]. Por ela, gran parte da actividade industrial pasou o [[Extremo Oriente]], e por iso Europa baseou unha porcentaxe cada vez máis maior da súa economía en sectores de alta tecnoloxía e servizos financeiros. Isto provocou en gran parte a [[financiarización]] da economía produtiva, que por unha serie de malos deseños e mala regulación desencadeou a [[Crise financeira de 2007-2008|Gran Recesión de 2008]] que foi especialmente aguda en moitas rexións de Europa e tivo efectos políticos e o crecemento do rexeitamento á profundización da unión política na [[Unión Europea]]. Así en 2016, aprobouse a [[Brexit|saída do Reino Unido da Unión Europea]], feito que deu credibilidade ao [[euroescepticismo]] noutros países europeos.
 
== Mapas ==