Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 281:
 
Durante o século XX, Europa e algunhas das súas excolonias en América pasaron a ser as rexións máis produtivas e con maior renda per cápita no mundo. Aínda que nos anos 1920, Estados Unidos superaría xa aos países europeos máis desenvolvidos en renda per cápita. Aínda así, Europa seguiu sendo un dos principais polos económicos do mundo ata o século XXI, con niveis de renda só igualados por Estados Unidos, Canadá, Australia, [[Nova Zelandia]], Xapón e Corea do Sur. Con todo, a nova realidade da [[Globalización|economía mundial]] consolidouse no transcurso das tres últimas décadas, marcada principalmente pola desintegración da [[Unión Soviética]] e o vertixinoso crecemento da [[República Popular da China]] e outras rexións de Asia.
 
Un dos factores máis notorios da dinámica económica europea desde 1970 foi a materialización da unidade económica de boa parte de Europa. Así, a dinámica económica do continente estivo supeditada ao funcionamento da [[Unión Europea]]. Na actualidade, vinte estados europeos comparten unha mesma moeda, o [[euro]] (€). Outra das particularidades da economía europea é o feito de que varios estados de pouca extensión territorial, sen maiores recursos naturais e sen posuír costas, contan con economías prósperas e cun elevado nivel de vida. Tal é o caso de [[Andorra]], [[Luxemburgo]], [[Suíza]] ou [[Liechtenstein]], así como [[Mónaco]], aínda que este último posúe costas no [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]].
 
== Mapas ==